Carlo Collodi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Servando2 (conversa | contribucións)
italiano > lingua italiana
Liña 12:
}}
 
'''Carlo Collodi''' é o pseudónimo de '''''Carlo Lorenzini''''', nado o [[24 de novembro]] de [[1826]] en [[Florencia - Firenze|Florencia]] e finado na mesma cidade o [[26 de outubro]] de [[1890]], foi un escritor [[italia|italiano]]. A súa sona provén do ser o autor do relato de literatura infantil ''Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino'', mundialmente coñecido de xeito abreviado como ''[[Pinocchio]]'' (en galego [[Pinoquio]]).
 
==Traxectoria==
Liña 25:
Tres anos máis tarde participou nas nova loita polo ''Risorgimento'' ou da [[independencia italiana]] en [[1859]]. Fíxose xornalista xa en maio [[1860]]. Escrebeu algunhas novelas e pezas teatrais, que non tiveron grande éxito.
 
A partir de [[1875]] Carlo Collodi comezou a escreber para a infancia, adaptando os ''Contos'' de [[Charles Perrault]], e outros autores, en [[lingua italiana|italiano]].
 
Premido por débedas de xogo, princupiou a escreber ''Pinocchio'' en [[1881]], que foi aparecendo como folletín no ''Giornale per i bambini'' até [[1883]]. O relato abríulle as portas do éxito, mais Collodi non voltaría a atopar xamais unha inspiración similar para obras posteriores. En [[1877]] publicou ''Giannettino'', e, en 1878, ''Minuzzolo''. En 1883 publicou "Pinocchio" como libro, e no mesmo ano pasou a ser o director do ''Giornale per i bambini''. Carlo Collodi faleceu repentinamente; foi sepultado no cimeterio de [[San Miniato al Monte]] de Florencia.