Centro Georges Pompidou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: eu:Georges Pompidou Zentroa
Servando2 (conversa | contribucións)
italiano > lingua italiana
Liña 30:
O presidente de Francia, [[Georges Pompidou]], quen gobernou dende [[1969]] ata [[1974]], quixo revitalizar o barrio de [[Ácheslles]], unha zona deprimida económica e socialmente. Nel atopábase o mercado de abastos, un enorme centro que vendía produtos por xunto e polo miúdo. Foi deseñado na época de [[Napoleón]], e o seu primeiro proxecto era historicista, ao cal, o emperador negouse. Así pois, este enorme mercado tivo un deseño máis funcional, con cubertas en tódolos pavillóns e rúas, e con estrutura metálica. Pompidou, para revitalizar o 4e Arrondissement, decidiu derrubar este mercado xa que desprendía malos cheiros e producía un tráfico caótico. No seu lugar construír o edificio da bolsa, de planta circular, uns xardíns e un novo centro comercial con conexión á estación de metro do barrio.
 
Outro edificio pertencente a este plan de revitalización é o Centro Georges Pompidou, chamado orixinalmente Centro Beaubourg. Trátase dun importante museo de arte contemporánea que posúe un grande centro cívico e unha biblioteca de acceso público. O concurso para escoller o deseño deste edificio comezou en [[1970]], e o xurado estaba composto por distinguidos e recoñecidos arquitectos. Os que gañaron foron [[Renzo Piano]] ([[1937]] - ) e [[Richard Rogers]] ([[1933]] - ), dous novos arquitectos descoñecidos ata aquel ano, quenes se asociaran para este proxecto. Renzo Piano, [[italia|italiano]] de orixe [[Inglaterra|inglesa]] e Richard Rogers, inglés de nai [[italia]]na.
 
Estes dous arquitectos gañaron o concurso, grazas ao seu excelente proxecto, e, en parte grazas a dous membros do xurado. Un deles era [[Philip Johnson]] ([[1906]]-[[2005]]), un [[Estados Unidos|estadounidense]] da corrente miesiana que introducira a arquitectura europea nos [[Estados Unidos]] logo da [[II Guerra Mundial]]. O outro foi [[Jean Prouvé]] ([[1901]]-[[1984]]), un francés da póla dos arquitectos franceses que unían a tecnoloxía á arquitectura nos anos 1950. Prouvé, influído por Lle Ricolais, enxeñeiro experimental que probaba estruturas metálicas lixeiras e tensadas, estivo moi interesado na tecnoloxía e por iso gustoulle bastante o proxecto de Piano e Rogers. Foi Prouvé o maior impulsor en dar a vitoria a estes dous mozos. A construción do Pompidou comezou en [[1970]]. Catro anos máis tarde, o entón Presidente de Francia [[Georges Pompidou]], finou, polo que as obras do edificio sufriron un importante parón. Foi a viúva do presidente francés a que fixo que se rematase con éxito en [[1977]].