Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos por Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
Servando2 (conversa | contribucións)
francés > Francia
Liña 25:
'''Vincent Lamar Carter''', nado o [[26 de xaneiro]] de [[1977]], en [[Daytona Beach]], [[Florida]], é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos|estadounidense]] que xoga nos [[Dallas Mavericks]] da [[National Basketball Association]] (NBA). Foi [[NBA All-Star Game|All-Star]] durante oito tempadas e noutras dúas foi incluído no Segundo e Terceiro Mellor Quinteto da [[NBA]]. É curmán do tamén xogador profesional [[Tracy McGrady]].
 
Foi seleccionado no posto número cinco do [[draft da NBA|Draft]] de [[1998]] por [[Golden State Warriors]] e traspasado ao momento a [[Toronto Raptors]]. Foi na franquía [[Canadá|canadense]] onde se forxou a súa lenda de especialista do mate, con participacións tan sobresalientes como a do concurso de mates de [[2000]] en [[Oakland, California|Oakland]], onde levou o título deixando mates para o recordo. Na súa tempada como novato levou o galardón de [[Rookie do Ano da NBA]]. O seu alcume máis popular alí foi o de "Air Canada", sobrenome que responde o nome do pavillón en [[Toronto]], o [[Air Canada Centre]]. Na [[tempada 2004-05 da NBA|tempada 2004-05]] foi traspasado a [[New Jersey Nets]]. Coa selección de baloncesto de [[Estados Unidos]] alzouse coa medalla de ouro nos [[Xogos Olímpicos de 2000|Xogos Olímpicos de Sidney 2000]]. Famoso naquela cita foi o mate saltando ao xogador [[Francia|francés]] [[Frédéric Weis]]. Co seu 1,98 de estatura xoga na posición de escolta.
 
== Inicios ==
Liña 85:
 
== Selección de Estados Unidos ==
Carter participou nos [[Xogos Olímpicos de 2000|Xogos Olímpicos de Sidney 2000]], onde a Selección de [[Estados Unidos]] alzouse coa [[medalla de ouro]]. Naquel campionato, Carter realizou un dos mates máis memorables saltando sobre o [[Francia|francés]] [[Frédéric Weis]], xogador que mide 2.18. A xogada daría a volta ao mundo e está considerado como un dos mellores mates da historia. [[Jason Kidd]], compañeiro de equipo, afirmou que foi ''"unha das mellores xogadas que vin na miña vida"''. A prensa de [[Francia]] alcumou ao mate como "le dunk de la mort" (''o mate da morte'').<ref>[http://msn.foxsports.com/nba/story/6214156 Top 10 'Best Damn' dunks]</ref>
 
== Notas ==