Popa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m Porto (comunicacións)
Liña 7:
Nos navíos de guerra, a concentracións da oficialidade no ''castelo de popa'' transformouse nunha vulnerabilidade, xa que en [[batalla]] atinxir o castelo de popa cunha bordada era seguro que causaría baixas importantes. De aí que as tácticas navais de combate da época da [[veleiro|navegación á vela]] privilexiasen o asalto ao castelo de popa.
 
Tradicionalmente é tamén na popa onde se coloca a [[bandeira]] de rexistro do barco (porén durante a navegación esta poida ser movida para o mastro principal) e onde se inscribe o nome e [[Porto (comunicacións)|porto]] de registro da embarcación. Os antigos navíos tiñan á popa, sobre a bandeira, unha lanterna, por veces de grandes dimensións e valor decorativo, hoxe substituída por unha simple lámpada de sinalización sobre a bandeira.
 
Na primeira metade do [[século XIX]] a popa dos navíos foi sendo progresivamente arredondada, abandonándose os tradicionais castelos de popa. Coa chegada dos navíos movidos a [[hélice]] posterior, a popa transformouse nunha área de localización de equipamentos, o que deu pé á transferencia ao medio do navío dos aloxamentos do [[capitán]], oficiais e das meses .