The Animals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ka:The Animals
m Porto (comunicacións)
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Os integrantes do grupo The Animals eran orixinarios da localidade [[Porto (comunicacións) |portuaria]] de [[Newcastle upon Tyne]], no nordés de [[Inglaterra]]. A creación do grupo data do [[1962]] cando Eric Burdon se uniu á Alan Price Rhythm and Blues Combo, que cambiou desde entón o seu nome polo de The Animals. A súa música baseábase esencialmente no blues e [[rithm and blues]] e dedicábanse a facer versións de cancións de [[John Lee Hooker]], [[Sam Cooke]], [[Ray Charles]], [[Nina Simone]] e [[Jimmy Reed]]. Nos seus inicios foi integrante do grupo [[Bob Dylan]], segundo sinala o musicólogo [[Cristobal Vergara]].
 
Ese mesmo ano, o grupo autoproduce o seu propio EP. O seu éxito na súa localidade natal foi tan notorio que o mánager dos [[Yardbirds]], Giorgio Gomelsky, convenceunos para que se instalasen en [[Londres]] en [[1964]]. Durante un tempo tocaron no local propiedade de Gomelsky, o Crawdaddy Club. Foi alí onde coñeceron ao que sería o seu produtor, Mickie Most. Con el asinaron o seu primeiro contrato de gravación, coa discográfica [[EMI]]. En febreiro de 1964 metéronse no estudo para gravar o seu primeiro sinxelo, ''Baby Let Me Take You Home'', adaptación da canción de Bob Dylan "Baby Let Me Follow You Down", e que chegou ao número 21 das listas inglesas. Seguiu a adaptación doutra canción tamén interpretada por Dylan, "House of the rising sun", que lles levaría a ser o segundo grupo británico que consegue o número un nas listas británicas e americanas (tan só fixérono antes "[[The Beatles]]"). A finais de 1964 edítase o seu primeiro LP, ''The Animals''. Durante ese ano e [[1965]], chegaron outros éxitos como "I'm Crying" (nº8 en Gran Bretaña), "Don't Let Me Be Misunderstood" (nº3 en Gran Bretaña) e "We've Gotta Get Out of This Place" (nº2 en Gran Bretaña), á vez que editan o seu segundo álbum, ''Animal Tracks''.