República bananeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: eo:Bananrespubliko
Servando2 (conversa | contribucións)
inglés > lingua inglesa
Liña 1:
'''República bananeira''', do [[lingua inglesa|inglés]] ''Banana Republic'', é un termo [[pexorativo]] para un país que sexa considerado como politicamente inestable, empobrecido e atrasado, cuxa economía depende duns poucos produtos de escaso valor engadido (simbolizados polas [[Musa × paradisiaca|banana]]s), gobernado por un ditador ou unha xunta militar.
 
Outro trazo notable neste estereotipo é que na "''república bananeira''" a corrupción é práctica corrente en cada aspecto da vida cotiá, sendo comunmente desobedecidas as leis do país. Tamén adoita identificarse como característica da ''república bananeira'' o poder case absoluto que exerce sobre o seu goberno unha gran empresa estranxeira, xa sexa mediante [[suborno]]s aos gobernantes ou por simple exercicio do seu poder financeiro.
 
Este termo continúa sendo empregado en moitas ocasións para describir dexeitode xeito despectivo a certos gobernos dos países suramericanos, [[Centroamérica|centroamericano]]s, do [[Caribe (zona)|Caribe]], [[Asia]] e [[África]]. O termo foi acuñado por [[O. Henry]], humorista e escritor de contos curtos estadounidense, para referirse a [[Honduras]] en ''Cabbages and Kings'' ([[1904]], contos curtos ambientados en [[Centroamérica]]). O termo ''República'' nesa época (a comezos do [[século XX]]) era tamén un [[eufemismo]] de [[ditadura]].
 
{{cita|In the constitution of this small, maritime banana republic was a forgotten section... (Na constitución desta pequena e marítima república bananera había unha sección esquecida...)|en Cabbages and Kings de O.Henry}}