Corpo de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Tipos de corpos de auga: Porto (comunicacións)
Liña 18:
* [[Estreito]] - unha canle de auga que conecta dous lagos, mares ou océanos e, en consecuencia atópase entre dúas masas de terra.
* [[Estuario]] - a parte máis ancha e profunda na desembocadura dos ríos, nos mares abertos ou nos océanos, naquelas áreas onde as mareas teñen maior amplitude ou oscilación.
* [[Baía|Golfo]] - unha parte do océano ou mar, de gran extensión, situada entre dous cabos.
* [[Humidal]] - unha zona de terras chas na que a superficie se atopa alagada permanente ou intermitentemente, ao cubrirse regularmente de auga, o chan satúrase, quedando desprovisto de osíxeno e dando lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.
* [[Lago]] - unha masa de auga doce ou salgada, máis ou menos extensa, que se atopa afastada do mar, e asociada xeralmente a unha orixe glaciar.