Web semántica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
HTML permite mediante unha ferramenta de visualización (como un [[navegador]] ou un [[axente de usuario]]) mostrar por exemplo un catálogo de obxectos en venda. O código HTML deste catálogo pode explicitar aspectos como "o título do documento" é Ferretería Acme; pero non hai forma de precisar dentro do código HTML se o produto M270660 é unha "batería Acme", con un "prezo de venda ao público" de 200 ?, ou se é outro tipo de produto de consumo (é dicir, é unha batería eléctrica e non un instrumento musical, ou un pucheiro). O único que HTML permite é aliñar o prezo na mesma fila que o nome do produto. Non hai forma de indicar "isto é un catálogo", "batería Acme" é unha batería eléctrica, ou "200 EUR" é o prezo. Tampouco hai forma de relacionar ambos datos para describir un elemento específico en oposición a outros similares no mesmo catálogo.
 
A Web Semántica ocuparase de resolver estas deficiencias. Para iso dispón de tecnoloxías de descrición dos contidos, como [[RDF]] e [[OWL]], ademais de [[XML]], a linguaxe de marcas deseñado para describir os datos. Estas tecnoloxías combínanse para achegar descricións explícitas dos recursos da Web (xa sexan estes catálogos, formularios, mapas ou outro tipo de obxecto documental). Desta forma o contido queda desvelado, como os datos dunha base de datos accesibles por Web, ou as etiquetas inmersas no documento (normalmente en XHTML, ou directamente en XML, e as instrucións de visualización definidas nunha folla de estilos aparteá parte). Estas etiquetas fan posible aos xestores de contidos interpretar os documentos e realizar procesos intelixentes de captura e tratamento de información..
 
=== Compoñentes da Web Semántica ===