Stéphane Mallarmé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Stéphane Mallarmé
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 9:
 
En xullo de [[1871]] naceu en Sens o seu fillo Anatole. Pouco despois Mallarmé consegue o seu desexo de ser trasladado a [[París]]. Nesa época traballou na tradución de poemas de [[Edgar Allan Poe]]. O ano [[1872]] coñeceu ó xoven poeta [[Arthur Rimbaud]]. A partir de [[1873]] as súas relacións co grupo dos impresionistas, favorecidas pola súa amizade co pintor [[Édouard Manet]], fixéronse máis estreitas. Foi tamén Manet quen lle presentou a [[Émile Zola]]. En [[1874]] publicou sen éxito algúns números da revista ''La dernière Mode'', da que era o único redactor. Despois de ser rexeitado por diversos editores, publícase por fin en [[1876]] "L'après-midi d'un faune" con ilustracións de Manet.
A partirespartir de [[1877]] Mallarmé organiza os seus lendarios "Mardis" (encontros dos martes) nos que ó longo dos anos tomaron parte poetas como [[Émile Verhaeren]], [[Maurice Maeterlinck]], [[Oscar Wilde]], [[Joris-Karl Huysmans]], [[Paul Valéry]], [[André Gide]], [[W. B. Yeats]], [[Rainer Maria Rilke]] ou [[Stefan George]], que eran recibidos na residencia de Mallarmé da ''Rue de Rome''. En [[1878]] coñece a [[Victor Hugo]].
 
No ano [[1879]] morre, aínda neno, o seu fillo Anatole. En [[1883]], grazas á edición por Verlaine de "Poetes maudits" (''Poetas malditos'') o traballo de Mallarme alcanza unha meirande difusión. Entre [[1884]] e [[1889]] o poeta mantén unha relación amorosa con Méry Laurent. En [[1886]] dá a coñecer o seu primeiro poema sen signos de puntuación, ''M'introduire dans ton histoire'', e é escollido, despois da morte de [[Verlaine]], Príncipe dos Poetas. Xa xubilado múdase en [[1894]] a [[Valvin]], onde traballou en diversos proxectos literarios e teóricos ata a súa morte en 1898. Foi enterrado no cemiterio de Samoreau (Hauts-de-Seine).