Reunificación alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 9:
En [[1952]] [[Iósif Stalin]] propuxo un plan de reunificación das nacións alemás baixo térmos moi semellantes aos que se adoptaron ao pouco tempo en [[Austria]]. A ''"[[Nota de Stalin]]"'' requería que se crease unha Alemaña neutral, a cal tería a súa fronteira oriental na [[liña de Oder-Neisse]]. Stalin tamén fixo un chamamento a que todas as tropas aliadas retirásense da zona no prazo dun ano. O chanceler da Alemaña do Oeste, [[Konrad Adenauer]], anunciou que preferiría que Alemaña se integrase ao resto da [[Europa Occidental]] e ademais pediu que en caso dunha reunificación debesen de haber eleccións supervisadas por observadores da comunidade internacional. Os Soviéticos rexeitaron a proposta de Adenauer pero Stalin anunciou unha nova proposta na cal Alemaña tería o territorio que ocupara o [[31 de decembro]] de [[1937]] pero debía de afiliarse ao [[Pacto de Varsovia]] (ou sexa unirse ao [[Bloque do Leste]]).
 
A partirespartir de [[1949]] a República Federal de Alemaña se converteuse nun país cun goberno parlamentario [[democracia|democrático]] e implementou un sistema capitalista inspirado nunha ''"economía social de mercado"''.<ref>{{Cita Web| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2697018,00.html | título = “Economía social” para todos | ano = 2007 | obra = [[Deutsche Welle]] 18.07.2007 | dataacceso = 03/12/2007 | idioma = español}}</ref> Na década de [[1950]], Alemaña do Oeste viviu un chamado "Milagre Económico" ([[Wirtschaftswunder]]), e a súa economía medrou fortemente. Na República Democrática, o goberno tomou unha postura económica que emulaba á soviética, ou sexa, centralmente planificada. A RDA converteuse na nación máis rica do bloque oriental, aínda que o seu crecemento foi menor ao da RFA. En [[1961]] o goberno de Alemaña do Leste construíu o [[muro de Berlín]], que dividiu as seccións da Alemaña Democrática e da Federal.
 
Inicialmente a República Federal de Alemaña e os seus aliados da [[OTAN]] non recoñeceron os gobernos da República Democrática nin os o da República Popular de Polonia baixo a [[Doutrina Hallstein]]. As relacións entre as dúas nacións alemás permaneceron case inexistentes ata que o chanceler [[Willy Brandt]], da República Federal, lanzou un programa de achegamento co leste (a esta política chamóuselle ''[[Ostpolitik]]'') na década de [[1970]].