Lockheed Constellation: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 24:
A [[Segunda Guerra Mundial]] comezou para os [[Estados Unidos]] antes de que o prototipo fixese o seu primeiro voo, e os primeiros aparatos en saír da factoría foron requisados e entregados á [[USAAF]], que usounos coa denominación C-69. O primeiro prototipo seguíu lucindo as cores da [[TWA]] con motivos publicitarios, a pesares de pertencer aos militares, e foi usado por [[Howard Hughes|Hughes]] para bater unha marca de vóo transcontinental en [[1944]].
 
A súa primeira versión civil, o L-049 Constellation, entrou en servizo en [[1946]], despois de rematada a guerra, coas aeroliñas estadounidenses [[TWA]], que financiou grande parte do seu desenvolvimento, e [[Pan Am]], a cal realizou os primeiros servizos trasatlánticos co Constellation. Este modelo inicial tiña unha capacidade de entre 43 e 60 pasaxeiros. Versións posteriores, o L-649 e o L-749, tiveron unha capacidade de pasaxe, unha potencia e unha autonomía maiores, e a partirespartir delas desenvolveuse o L-1049 Super Constellation.
 
O Super Constellation tiña unha fuselaxe máis longa e o seu prototipo (o mesmo prototipo do C-69 transformado) realizou o seu primeiro vóo o [[13 de outubro]] de [[1950]]. Entrou en servizo en [[1951]] coa aeroliña Easter Airlines. Desta variante tamén foron surxindo novas versións entre as que destacaron a L-1049G ''Super G'' con novos motores e tanques de combustible nas puntas das ás; a L-1049H que podía facer a función de cargueiro ou transporte de pasaxeiros cunha capacidade de ata 109 prazas; e o último desenvolvemento do Constellation, o L-1649A Starliner, que foi posto en vóo en [[1956]] e tiña un novo deseño das ás, unha maior lonxitude e máis capacidade de combustible, o que lle permitía facer vóos trasatlánticos sen escalas.