Inglés medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
inglés > lingua inglesa
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 17:
 
=== O rexurdimento do inglés ===
A partirespartir do [[século XIII]], trala perda do ducado de Normandía, as tensións provocadas pola rivalidade inglesa e francesa durante a [[Guerra dos Cen Anos]] converteron a ambos os dous países en inimigos. O inglés pasou a ser un dos símbolos da identidade nacional, e para aquel entón aqueles que tiñan ascendencia normanda xa se vían a si mesmos como ingleses. En 1233 [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], que quería emular a autocracia da monarquía francesa, substituíu a tódolos seus cortesáns por nobres traídos de Francia, que usurparon os postos dos duques anglonormandos, incrementando o sentimento nacionalista nestes e formando un terreo común entre as clases medias e a nobreza. Doutra banda, a chamada Morte ou [[Peste Negra]] fixo estragos entre a poboación campesiña do país, a carencia de man de obra levou aos campesiños a solicitar mellor retribución e a revoltas como a [[revolta campesiña de 1381 (inglaterra)|revolta campesiña de 1381]], e a forte mortalidade que se daba nos mosteiros, habitados por un gran número de xente, provocou que os monxes cultos falecidos fosen substituídos por outros monxes recentemente ordenados, que descoñecían as linguas clásicas.
 
Doutra banda, o movemento [[lolardo]], liderado por [[John Wycliffe]], ocupouse de traducir a Biblia ao inglés, mentres no país desenvolvíase unha corrente mística na literatura, expoñentes do cal son as obras de [[Richard Rolle]], a anónima ''A nube do non saber'', as revelacións de [[Juliana de Norwich]] e ''[[O libro de Margery Kempe]]''. A finais do S. XIV reviviuse o verso aliterativo, co cal rexurdiu a tradición anglosaxoa anterior en obras como ''[[Pedro o Labrador]]'' de [[William Langland]], o poema aliterativo "Morte Arthure" ou ''[[Sir Gawain e o cabaleiro verde]]''. O inglés substituíu tamén ao francés nos documentos de carácter público e converteuse na lingua oficial da corte nada máis se iniciou o reinado de [[Henrique IV]]. En 1362 empregouse por primeira vez o inglés para convocar ao parlamento.
Liña 39:
: «h» servía para representar tanto [h] como [x] e [ç]. estas dúas últimas podían aparecer tamén como «Ȝ» e «Ȝh».
 
:O son [{{IPA|ʧ}}], que en inglés antigo era un alófono de [k], continuou representándose como «c» e a partirespartir do século XIII, como «ch», «chch», «cch» e «tch».
 
:[s] pode representarse como «c» ante e ou i e como «s».