Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

m
"A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
m (mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír))
m ("A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di])
O enclave convertiuse pronto nun posto comercial estratéxico e por iso ambicionado por calquera que fose a potencia dominante da rexión durante os seguintes seis séculos: [[Persia|persas]], [[Atenas|atenienses]], [[Esparta|espartanos]], xonios, [[Macedonia|macedonios]], gálatas e [[Tracia|tracios]] disputáronse a súa vasalaxe.
 
Os [[Roma antiga|romanos]] fixérona cidade do seu imperio a partirespartir do [[-100|100 aC]] e volveu a florecer no tempo dos [[antoninos]] ([[século II|século II d.C.]]). Porén, no ano [[196]] a cidade coas súas murallas foi destruída por [[Septimio Severo]] en represalia por dar refuxio aos partidarios do seu rival.
 
De seguido deuse conta da importancia do lugar e mandou reconstruíla engrandecéndoa (dobre superficie dentro de novas murallas) e embelecéndoa con novas construcións (deu inicio ao [[hipódromo]]). A cidade recibiu o nome de '''Augusta Antonina'''. Prosperou de novo; contaba con teatro e [[anfiteatro]] baixo a [[acrópole]] fortificada cara ao estreito; un ''stadion'' ou circo (''kynegion'') ao norte cara o Corno onde tamén estaba o ''strategion'' ou campo militar xunto a muralla á altura da actual ponte. Asemade tiña un ágora (''Tetrastoon'', catro [[stoa]]s) entre a acrópole e o hipódromo, onde tamén se situaban as chamadas Termas de Zeuxipo, o único que subsiste hoxe en día.
103.030

edicións