Friedrich Engels: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sco:Friedrich Engels
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Engels naceu na Alemaña en 1820 no seo dunha familia adiñeirada. A pesares disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para dedicarse a traballar de dependente. Sen embargo, comezou a estudar de xeito autodidacta no tempo libre que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con [[Karl Marx|Marx]], a filosofía [[Hegel|hegeliana]] exerce unha grande influencia sobre el. En [[1842]] coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepcion das teorías revolucionarias e [[socialista]]s existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de [[economía política]]. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en ''A situación da clase obreira en Inglaterra'', que publica en [[1844]]. Neste mesmo ano trasládase a [[París]], onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi próximas, lévaos a colaborar definitivamente a partirespartir desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en [[1883]].
 
Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou ''A Sagrada Familia'', ''A ideoloxía alemá'' e o ''[[Manifesto do Partido Comunista]]'', obra de grande repercusión nos séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]].