Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 15:
=== Período Arcaico ===
 
O período Arcaico inspirouse da arte oriental, e particularmente da [[Exipto|exipcia]], no ''Período Arcaico'' a escultura adquiriu dimensións maiores, tornándose común o tamaño natural para as figuras. A postura aínda mantiña unha considerable rixidez e as faccións permanecían estereotipadas, malia gañaren gradualmente en liberdade de movemento, xeralizándose, a partirespartir do ano [[575 a.C.]] o chamado [[sorriso arcaico]], de expresión ambigua.
 
Nesta época, as formas escultóricas máis comúns son o xove nu, chamado ''[[kouros]]'' (pl: Kouroi), a moza vestida, chamada ''[[koré]]'' (pl: Korai), e a muller sentada. O seu modelado aínda se limitaba ás faccións esencias, aínda que, sinais dunha observación máis atenta da [[anatomía]] mostrábanse no progresivo detallamento da [[músculo|musculatura]] e da estrutura subxacente do [[esqueleto]], comezándose a suxerir un movemento real nas estatuas masculinas en pé mediante a colocación dunha perna nunha posición máis avanzada cá outra. No caso das xoves, as ''korai'', observase unha variedade maior de actitudes e nos patróns do drapeado dos costumes.
Liña 23:
[[Ficheiro:009MA Kritios.jpg|thumb|120px|''Efebo de Krítios'', c. 480 a.C., Museo da Acrópole de Atenas]]
 
Malia ser os tres tipos de escultura moi comúns, o ''kouros'' asumiu unha importancia superlativa para o desenvolvemento desta arte, xa que a cultura grega só viría a permitir a exposición do corpo feminino espido a partirespartir do [[século IV a.C.]]. Os ''kouroi'' seguían todos un mesmo modelo: sempre xoves, en actitude de dar un paso ao fronte, corpo rixidamente erecto, brazos estendidos xunto ao corpo, e un sorriso nos beizos. Atopáronse diversas variacións na conformación do peiteado e nas dimensións das estatuas, existindo poucas pezas con outras posicións. Destas son importantes o ''kouros'' ecuestre e máis o ''Moscóforo'' (cargando un becerro).
 
Os ''kouroi'' non eran producidos meramente con fins [[Estética|estéticos]]. Eran ofrendas relixiosas colocadas en [[santuario]]s, tumbas dalgunha personalidade ou eran monumentos públicos. Non representaban persoas individualizadas, senón a corporificación dalgún ideal de beleza, honra, virtude, piedade ou sacrificio. Neste período comezan a ser rexistrados algúns nomes de escultores importantes, como [[Aristocles]] de [[Sidónia]], [[Kanacos]] de [[Sikyona]] e [[Héguias]] de [[Atenas]].