Clonación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Engado: th:การโคลน
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 14:
 
==Clonación celular==
'''Clonar unha célula''' significa derivar unha poboación celular a partirespartir dunha soa célula. Ese é un importante procedemento [[in vitro]] cando se desexa a expansión dunha soa célula con certas características. Unha valiosa técnica de cultivo de tecido utilizada para clonar distintas [[liñaxe]]s de células inclúe o uso de aros de clonación (cilindros). De acordo con esta técnica, unha suspensión unicelular de células que foron expostas a un [[mutación|axente mutaxénico]] ou a unha droga utilizada para propiciar a selección ponse en dilución alta para crear colonias illadas; cada unha provindo dunha soa célula potencialmente clonicamente distinta. Nun estado inicial de crecemento de só unhas cantas células, aros estériles de [[poliestireno]] (aros de clonación), os cales foron somerxidos en graxa, son postos sobre unha colonia individual e unha pequena cantidade de [[tripsina]] é agregada. As células clonadas recoléctanse de dentro do aro e son transferidas a un novo contedor para maior crecemento. A maioría dos individuos empezan como [[cigoto]]s e por isto resultan en expansión clónica [[in vitro]].
 
==Clonación de organismos==