Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Liña 21:
''[[El libro del periodista]]'', aparecido en [[1912]], serviu a Basilio Álvarez como tribuna onde expoñer o seu xeito de entender o xornalismo. Defendía un periodismo combativo e enérxico, feito desde a rúa e con afán de apostolado, no que prevalecese a inmediatez e a síntese.
 
Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, Basilio Álvarez emprende en [[1913]] a edición do xornal ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en [[Ourense]] e dirixido por [[Manuel Lustres Rivas]]. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos. Finalmente o bispo suspendeu ''a divinis'' a Basilio Álvarez que así abandonaba a parroquia para licenciarse logo en Dereito. A partirespartir deste momento só se dedicou á avogacía, ó xornalismo e á política.
 
En xullo de [[1921]] iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán ''[[La Zarpa]]'', que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como [[Castelao]], [[Vicente Risco]], [[Ben-Cho-Shey]], [[Arturo Noguerol]], os irmáns [[Antón Villar Ponte|Antón]] e [[Ramón Villar Ponte]], etc. Acolleu ademais nas súas páxinas a un moi amplo abano de tendencias ideolóxicas dentro do progresismo.