Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 83:
A aproximadamente as 05:30 do sábado [[24 de maio]], cando os alemáns estaban a piques de abandonar o estreito de [[Dinamarca]], os [[hidrófono]]s do ''Prinz Eugen'' detectaron a presencia de dous barcos máis a babor. Cara as 05:45 ambos estaban á vista, aínda que os alemán non identificaron á forza inimiga. Resultou ser un grupo de batalla británico formado polo novo acoirazado ''Prince of Wales'' e o envellecido cruceiro de batalla ''[[HMS Hood (51)|Hood]]'', baixo o mando do Contraalmirante Lancelot Holland. O ''Prince of Wales'' fora recentemente rematado e aínda estaban traballando nel (de feito no encontro co ''Bismarck'' había ao redor de 100 traballadores civís a bordo completando o seu equipamento). O ''Hood'' fora construído como un cruceiro de batalla e modificado para darlle a protección dun acoirazado, pero aínda tiña unha blindaxe na cuberta relativamente débil. Os alemáns non se sorprenderon de ser detectados polos barcos británicos, pero que chegasen dous buques capitais ao seu encontro foi un acontecemento inesperado.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 146-1984-055-13, Schlachtschiff Bismarck, Seegefecht.jpg|300px|thumb|O ''Bismarck'' disparando ao ''Prince of Wales'' o 24 de maio de 1941]]
Ás 05:49 Holland ordenou fogo concentrado no barco líder inimigo, o ''Prinz Eugen'', pensando que era o ''Bismarck''. Afortunadamente para os británicos, o capitán do ''Prince of Wales'' decatouse rapidamente do erro e cambiaron o seu obxectivo. Holland modificou a súa orde para interceptar o barco correcto, pero non chegou a tempo da prieiraprimeira salva do ''Hood''.O ''Hood'' realizou os primeiros disparos da batalla ás 05:52, cando xa era de día, seguido pouco despois polo ''Prince of Wales''. O alcance dos barcos alemáns era de aproximadamente 20 km. A primeira salva do ''Hood'' impactou preto do ''Prinz Eugen'', causando danos menores pola metralla preto das torretas de popa.
 
Pasaron máis de dous minutos sen unha resposta dos buques alemáns, antes de que o capitán Lindemann ordenase disparar ao barco líder británico, o ''Hood'', que os alemáns identificaron cando os británicos viraron acaracara eles ás 05:55. Esta manobra realizouse, aparentemente, nun intento de poñerse na "[[zona de inmunidade]]", unha área dentro da cal tanto o fogo parabólico como o directo é relativamente ineficaz. Máis preto, o ''Hood'' sería menos vulnerable e a potencia de fogo superior dos alemáns veríase afectada. A desvantaxe era que, durante a aproximación, oito dos dezaoito canóns pesados dos británicos non poderían ser disparados.
 
Tanto o ''Bismarck'' como o ''Prinz Eugen'' comezaron a disparar contra o ''Hood'' a unha distancia de 18 km. Os primeiros disparos dos alemáns foron moi precisos e en dous minutos o ''Hood'' recibira polo menos un impacto dun proxectil de 8 polgadas do ''Prinz Eugen''. Este golpeou ao barco británico preto mastro principal e causou un gran incendio que a tripulación procurou controlar. O ''Prinz Eugen'' acertou ao ''Hood'' tres veces durante o encontro. Porén, o ''Bismarck'' tamén foi alcanzado polo ''Prince of Wales'', causando unha fuga de combustible dos tanques dianteiros; polo tanto Lütjens ordenou que os seus canóns apuntasen ao ''Prince of Wales''. O supervivintesupervivente do ''Bismarck'' Baron Burkard von Müllenheim-Rechberg inicialmente afirmou que os impactos nese barco foron realizados pola terceira salva do ''Hood''; porén, é igualmente probable que eses disparos procedesen do ''Prince of Wales'', xa que é seguro que o ''Hood'' tivo como obxectivo ao ''Prinz Eugen'' a meirande parte da batalla e que a orde de cambiar ao ''Bismarck'' fixo que case todos os seus disparos caisencaesen entre os barcos inimigos, sen impactar a ningún deles. Ás 05:54 a distancia baixara aos 20 km, e ás 05:57 era xa de 17 km. O ''Bismarck'' entónsentón disparou unha cuarta salva que foi lixeiramente longa e caíucaeu cara a popa do ''Hood''. Ao mesmo tempo Holland ordenou xirar 20 graos a babor. Antes de que o barco comezase a virar o ''Hood'' disparou unha quinta salva ás 05:59:30.
[[Ficheiro:Sinking of HMS Hood.jpg|thumb|left|300px|Afundimento do ''Hood'' co ''Prince of Wales'' en primeiro plano]]
Ás 06:00 o ''Hood'', que estaba no medio da manobra de virar a babor para poder encarar con todo o seu armamento ao ''Bismarck'', foi alcanzado no medio do barco por polo menos un proxectil da quinta salva do ''Bismarck'' que estaba a uns 15 km. Moi pouco tempo despois os observadores de ambos bandos viron un enorme chorro de chamas eleándose cara o ceo, seguido do ruído dun estoupido que partiu o enorme barco en dous. Moitas esquirlas caironcaeron sobre o ''Prince of Wales'', a 370 m de distancia. A popa do ''Hood'' elevouse e afundiuse pouco antes que a proa, todo iso en tres minutos. O Almirante Holland e 1.415 tripulantes afundíronse co barco. Só tres homes (Ted Briggs, Bob Tilburn e Bill Dundas) sobreviviron. Estes foron rescatados unhas dúas horas e media máis tarde polo destrutor ''Electra''. O Almirantazgo Británico posteriormente chegou á conclusión de que a explicación máis probable foi a penetración nos seus polvoríns dun único proxectil de 15 polgadas do ''Bismarck'', causando o posterior estoupido catastrófico.
 
O ''Prince of Wales'' tivo que virar cara a frota alemá para evitar golpear cos restos deixados polo buque insignia e foi alcanzado varias veces polos disparos dos dous barcos inimigos. Aínda así, o seu fogo causoulle danos ao ''Bismarck''. O acoirazado británico deu a volta, botando fume, e a súa torreta de popa disparou brevemente baixo o control local. O barco recibiu sete impactos (tres deles do ''Prinz Eugen'') e os fallos mecánicos causaron problemas intermitentes cos canóns principais e a súa torreta de popa deixou de funcionar mentres se alonxaba.
 
Ás 06:03 o ''Prinz Eugen'', que ata ese momento disparara 183 proxectís de 203 mm, informou de ruídos na hélice de estribor. O ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' víronse forzados a realizar manobras de emerxencia e foron vistos por un [[hidroavión]] [[Short Sunderland|Sunderland]] pouco despois. Aínda que o capitán Lindemann quería perseguir ao ''Prince of Wales'' e rematar con el, o Almirante Lütjens ignorou as súas suxerenciassuxestións xa que podía retrasaratrasar a posibilidade de atoparse con outros buques pesados inimigos. Nunha batalla que durou menos de 20 minutos, o ''Bismarck'' e o seu acompañante destruíran un buque capital inimigo e forzaron a outro a retirarse.
 
Ás 08:01 o ''Bismarck' realizou a seguinte transmisión ao Grupo Norte:
 
{{cita|Seccións XIII-XIV. Planta electrica nº 4 rota. A sala de caldeiras nº 2 está facendo augas pero pode ser controlada. Velocidade máxima 28 nós. Estreito de Dinamarca 50 millas nauticasnáuticas de ancho. Minas frotantesflotantes. Dous grupos de inimigos recoñecidos polo rádarradar. Intención de dirixirse cara Saint-Nazaire.}}
 
Erros no servizo de intelixencia fixéranlle crer ais alemán que o ''Prince of Wales'' aínda non estaba listo para o combate, polo que os informes do ''Bismarck'' referínse a el como o ''King George V'', o primeiro da súa clase, que levaba activo varios meses.
 
A pesar do xúbilo a bordo do ''Bismarck'', o acoirazado non estaba seguro. Os británicos coñecían a súa posición, o seu rádarradar frontal non funcionaba e recibira tres impactos, un dos cales filtraba auga cara o seu interior e contaminaba as súas reservas de combustible. A partir de entón, o ''Bismarck'' tivo que reducir a súa velocidade máxima aos 20 nós para aforrar combustible. Lütjens finalmente decidiu que deberían dirixirse cara a costa francesa (cara o dique seco de [[Saint-Nazaire]]) para realizar reparacións, mentres que ordenou que o ''Prinz Eugen'' continuase a caza de mercantes só. Os británicos permaneceron ocultos, e o ''Prince of Wales'' atopouse co ''Norfolk'' e o ''Suffolk''. Para permitir que o seu acompañante escapase, Lütjens virou cara os seus perseguidores e forzounos a alonxarseafastarse, facendo que o ''Prinz Eugen'' saise do alcance dos rádaresradares británicos. O primeiro intento fallou, porén, ás 18:14 o segundo tivo éxito e os dous barcos alemáns separáronse.
 
=== A persecución ===