Leonor de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m substituíndo varón (vara grande) por home
Servando2 (conversa | contribucións)
inglés > lingua inglesa
Liña 1:
[[Ficheiro:Alienor.jpg|thumb|right|200px|Leonor de Aquitania.]]
'''Leonor de Aquitania''' (Aliénor d’Aquitaine oou Éléonore de Guyenne en [[lingua francesa|francés]] ou Eleanor of Aquitaine en [[lingua inglesa|inglés]]), nada en [[Poitiers]] no [[1122]] e finada en [[Fontevraud]] o [[1 de abril]] de [[1204]], foi duquesa de [[Aquitania]] e [[Guyema]], condesa de [[Gascuña]] por dereito propio, así como raíña consorte de [[Inglaterra]] e [[Francia]]. Tamén foi a nai de [[Ricardo Corazón de León]]  e de [[Xoán I de Inglaterra|Xoán sen Terra]].
 
Casou co [[rei de Francia]] [[Luís VII de Francia|Luís VII]] co que tivo dúas fillas, máis tarde casaría con [[Henrique II de Inglaterra]]. Logo do seu primeiro matrimonio no cal participou na [[Segunda Cruzada]], Leonor ocupou un importante papel na política da [[Europa Occidental]].
Liña 8:
Nada no [[1122]], Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de [[Aquitania]], situado ó sur de [[Francia]]. A pequena Leonor, creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas<ref>Libro: Mis Favoritos. Autor: Juan Antonio Cebrián. Editorial: La esfera de los libros. Páxinas: 69-72. Capítulo: Leonor de Aquitania</ref>.
 
Os doce anos, finou o seu pai [[Guillerme X de Poitiers]] e Leonor herdou o ducado de [[Aquitania]], moi ansiado por Francia. A causa disto, a solución máis razoable foi a de ligar ambas as liñaxes e quedou deste xeito ligado o futuro de Leonor ó do futuro [[Luís VII de Francia]]. A voda tivo lugar o [[25 de xullo]]  de [[1137]] en [[Burdeos]] e como era de costume na época, as celebreciónscelebracións duraron varios días. A parella estivo no palacio de l'Ombrière, preto de Burdeos ata a súa partida á [[París]]. A noite de vodas, os noivos foron coroados duques de Aquitania na [[catedral de Saint Pierre de Poitiers]]. <ref>Mascureau, ''in'' Labande, p 122</ref>. Nese mesmo ano ascenderon ó trono francés, tras a morte do rei [[Luís VI de Francia|Luís VI]].
 
=== Raíña de Francia ===
No ano [[1145]], Leonor de Aquitania tivo a súa primeira filla, María, futura condesa de [[Champaña]]. As tensións entre a parella comezaron moi cedo, cando a raíña apoiou o matrimonio ilexítimo da súa irmá Petronila co condreconde [[Raúl I de Vermandois]], mentres que o rei enviaba o seu irmán Roberto a invadir o condado como castigo pola bigamia do conde.
 
Leonor convenceu o seu marido de participar na [[Segunda Cruzada]] (1147-1149). Antes da partida promoveu torneos para recadar recursos, recolleu doazóns e foi a todas as abadías a pedir a bendición. Acompañou o seu marido na expedición, así como outras damas da nobreza, máis ela, contaba co título de líder feudal do exército de Aquitania en pé de igualdade con outros dirixentes.
Liña 21:
=== Raíña de Inglaterra ===
[[Ficheiro:EleanorAkvitanie1068.jpg|thumb|right|Anverso do selo de Leonor no que se le ''Leonor, pola graza de Deus, Raíña dos Ingleses, Duquesa dos Normandos''. No reverso, a lenda di ''Leonor, Duquesa de Aquitania e Condesa dos Angevins''.<ref name=Seward>Bonnie Wheeler, John Carmi Parsons; ''Eleanor of Aquitaine: Lord and Lady''; Palgrave Macmillan, 2003</ref>.]]
O [[18 de maio]]  de [[1152]], Leonor casou na catedral de Santo Andrés de Burdeos, co que sería o rei [[Henrique II de Inglaterra]], unindo os seus dominios en [[Francia]] cos que xa posuía o seu novo marido ([[Anjou]], [[Maine]] e [[Normandía]] alén de [[Inglaterra]] e [[Gales]]). Deste xeito formábase o chamado Imperio Anxevino, no cal os reis de Inglaterra sendo vasalos do rei de Francia, controlaban un territorio oito veces maior ó controlado por [[Luís VII de Francia|Luís VII]].
 
Deste matrinonio naceron oito fillos, cinco homes e tres mulleres. Na súa corte, establecida principalmente en [[Poitiers]], tivo un grande auxe a literatura cabaleresca, sendo mecenas de moitos trobadores. A existencia dunha amante do seu marido, provocou o enfrontamento entre Leonor e Henrique, a partir de [[1173]], Leonor promoveu a rebelión de tres dos fillos do rei contra o seu pai. Tras reprimir a rebelión, Henrique encarcerou a Leonor, primeiro en [[Chinon]] e máis tarde en [[Salisbury]], onde permaneceu en arresto ata a morte de Henrique en [[1189]].
 
=== Viúva ===
Á morte de [[Henrique II de Inglaterra]] o [[6 de xullo]]  de [[1189]], Leonor foi liberada por orde do novo rei, o seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]]. Viaxou por toda [[Inglaterra]]  e liberou os prisioneiros do antigo rei ós que mandou xurar fidelidade a [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo]]. Ela gobernou no seu nome ata comezos de [[1191]]<ref>Labande,p. 96</ref>. Cando Ricardo partiu á [[Terra Santa]] durante a [[Terceira Cruzada]], Leonor vai buscar a [[Berenguela de Navarra]] e condúcea, en pleno inverno, ata [[Messine]] onde Ricardo se dirixía para partir cara a [[Terra Santa]]<ref>Labande, p. 96-98</ref>. Acadárono o [[30 de marzo]] e a voda celebrouse o [[16 de maio]].
 
Cando [[Ricardo Corazón de León]] voltaba da cruzada, foi capturado en [[Austria]]. Leonor indignada pola falta de reacción por parte do Papa (quen protexía normalmente os cruzados), escríbelle para recriminarlle a súa actitude e pedirlle axuda para rescatar o seu fillo. Ela mesma foi quen entregou o rescate a [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], fillo de [[Federico Barbaroxa]] no inverno de [[1193]].<ref>Labande, p. 100-104</ref>.
Liña 32:
No [[1200]], con oitenta anos, da mostras dunha gran fortaleza cando decide viaxar cara a [[Castela]], cruzando os [[Pirineos]] para escoller entre as súas netas, as infantas de Castela - fillas da súa filla Leonor e de [[Afonso VIII de Castela]]- a que sería a esposa do fillo de [[Filipe II de Francia]], o futuro [[Luís VIII de Francia|Luís VIII]]. A escollida foi [[Branca de Castela|Branca]], unha das máis célebres raíñas de [[Francia]], rexente do reino en tres ocasións e modelo de virtude e habilidade política.
 
Leonor de Aquitania, finou o [[1 de abril]]  de [[1204]] en [[Fontevrault]] ós 82 anos, sendo sepultada alí mesmo co seu esposo [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]]  e co seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]].
 
== Notas ==