Diferenzas entre revisións de «Inglés medio»

inglés > lingua inglesa
m (Substitución auto)
(inglés > lingua inglesa)
[[Ficheiro:Consolation of philosophy 1385 boethius images.jpg|thumb|300px|Philosophiae consolatio]]
O '''Inglés medio''' é o nome que dan os [[lingüística |filólogos históricos]] ás diversas formas que adoptou a [[inglés|lingua inglesa]] falada en [[Inglaterra]] simbólicamentesimbolicamente dende a [[invasión normanda de Inglaterra]] por [[Guillerme o Conquistador]] na [[1066]] até a introdución da [[imprenta]] en Inglaterra por [[William Caxton]] en [[1470|década de 1470]]. A súa principal característica é que se trata dunha lingua difícil de definir ou delimitar, pois foi variando nunha rápida transición, na que poden apreciarse os diversos cambios que sufriu o idioma ao longo dos anos, nos cales estivo suxeito a unha forte variedade lingüística.
 
Ademais, durante este período, debido á invasión normanda, o [[lingua francesa|francés]] era a lingua oficial do reino e o [[latín]] o idioma oficial da igrexa, de xeito co inglés perdeu o prestixio do que gozara anteriormente. É durante esta época cando o alfabeto latino substituíu á [[escritura insular]] característica do [[inglés antigo]], dando lugar a novas grafías, novos [[fonemas]] e novos [[ditongo]]s herdados do francés. Neste contexto, o inglés adquiriu moito léxico do dialecto normando do francés e as declinacións do inglés antigo comezaron a desaparecer, converténdose nunha lingua máis [[lingua analítica|analítica]].
 
Este período do inglés perdurou até mediados ou finais do [[século XV]] cando o [[estándar da chancelería]], unha forma de inglés [[Londres|londiniense]], comezou a espallarse. A este proceso contribuíron varios factores: a perda de Normandía en [[1204]], que pasou a mans da monarquía [[Francia|francesa]], feito que impulsou o uso do inglés que se falaba na zona de Londres onde se atopaban as Cortes. Na rivalidade entre Inglaterra e Francia durante a [[Guerra dos Cen Anos]] volveu identificarse o inglés coma a lingua nacional, o que engadido á introdución da [[imprenta]] en Inglaterra, provocou co inglés comezase a espallarse como lingua culta.
[[Eduardo o Confesor]], morreu sen deixar descendencia, polo que o seu cuñado, [[Harold II de Inglaterra|Harold]] da casa de Godwin, herdou o trono de [[Inglaterra]]. O seu reinado, con todo durou menos de 10 meses, pois [[Guillerme o Conquistador]], sétimo duque de Normandía, rebelouse, sostendo que tiña maior dereito a herdar o trono, o que conseguiu trala [[Batalla de Hastings]] en [[1066]].
 
A cultura inglesa cambiou baixo a influencia normanda, como pode apreciarse na construción de igrexas e castelos. Máis importante foi a adopción do dialecto [[normando]], que se converteu máis adiante en [[anglonormando]], converténdose esta variante do francés no idioma oficial da corte. Os seguidores de Guillerme ocuparon os altos cargos civís e eclesiásticos, e premióuselles con propiedades expropiadas á nobreza inglesa, o que fixo que se asociase o uso do francés coa nobreza e as clases altas. Os nobres normandos, ademais, eran terratenentes tanto en Inglaterra como en Normandía, polo que tiñan intereses comerciais námbolosen ámbolos dous lados da [[Canle da Mancha]], o que provocou co paso dos anos que a maioría deles fosen bilingües.
 
As convencións literarias víronse tamén modificadas, como pode verse, por exemplo na substitución da clásica [[aliteración]] anglosaxoa pola [[rima]] nas composicións poéticas. Durante un longo período de tempo Inglaterra foi un país trilingüe: o anglonormando era a lingua culta; o latín, a lingua eclesiástica, ademais de convivir co francés na administración; e o inglés, que seguía sendo a lingua maioritaria, era a [[lingua vulgar]]. Este trilingualismo, unido á previa corrente de préstamos escandinavos tivo un gran impacto no vocabulario do inglés medio, que pode apreciarse até os nosos días. Un exemplo típico destes préstamos é o vocabulario referente aos animais de granxa e a comida: ''pig''/''pork'', ''cow''/''beef'', ''sheep''/''mutton'' e outros pares como: ''house''/''mansion'', ''worthy''/''honourable'', ''bold''/''courageous''; ou a triplicación de nomes e adxectivos; por exemplo, o adxectivo 'real' que pode expresarse de tres maneiras diferentes, cada unha derivada dunha destas tres linguas: ''kingly'' (anglosaxón)/ ''royal'' (francés)/ ''regal'' (latín).
52.498

edicións