Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

m
mudando "él" por "el", pronome persoal
m (Substitución auto)
m (mudando "él" por "el", pronome persoal)
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>Tolkien, J.R.R. (2002), O Regreso do Rei: Edicións Xerais de Galicia, Vigo, "O asedio de Gondor", páx. 118, ISBN 84-8302-916-2</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
 
Con todo, o seu letal arsenal non se limitaba só ás armas físicas: rodeábaos constantemente unha aura de terror que afectaba a todas as criaturas viventes agás as máis poderosas. O seu alento (chamado o Alento Negro) era velenoso, e os seus efectos, tamén coñecidos como a Sombra Negra, contraíanse por exposición a élel. As vítimas podían sufrir unha profunda desesperación, inconsciencia, pesadelos e mesmo a morte. Porén, a herba ''[[athelas]]'' podía ser usada para contrarrestar os efectos. As vítimas máis célebres do Alento Negro foron [[Faramir]], [[Éowyn]], e [[Meriadoc Brandigamo|Merri]], que foron sandados por [[Aragorn]] durante a [[Guerra do Anel]].
 
Amais, os seus horríbeis berros causaban terror e desesperación, e o [[Rei Bruxo de Angmar|Señor dos Nazgûl]] era ben coñecido por practicar a maxia negra. Porén, segundo Tolkien, o principal perigo era o medo que inspiraban:
103.099

edicións