Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando "él" por "el", pronome persoal
Sen resumo de edición
Liña 54:
Existe tamén unha experiencia de Deus non crente, nunha existencia auténtica onde se intúe unha vivencia orixinaria de Deus, aínda que innominada. A acción redentora de Deus non se limita aos muros dunha institución eclesial aínda que se encontre en plenitude na mesma. Pódese falar, xa que logo, dun cristianismo anónimo segundo a frase de S. [[Agostiño de Hipona]]: ''moitos que semellan estar dentro están fóra, e moitos que semellan estar fóra, están dentro.''. O home que aínda non coñece a Xesús de xeito explícito, ou que o descoñece pola desfiguración dos que se din crentes, pode encontralo no seu irmán e no amor a el. Especialmente nos esfameados, doentes, encarcerados e marxinados. (Mt 25-40).
 
Este home tamén, dun xeito escuro, é chamado á luz. Unha luz que debera ser máis clara e resplandecente para os que, sendo crentes, saben de xeito positivo que non existe autorrealización sen a entrega radical ao outro. Unha entrega que ten en Deus o espazo e a garantía da posibilidade dese amor. Que non experimenta a morte como o arrebatamento do que nos parecía madurado para unha inmortalidade. Que vive sacramentalmente a inmanencia da eternidade no tempo, de xeito que a eternidade devén dende o tempo e non é un don enviado e engadido de maneira accesorio á temporalidade da propia vida. Que, nas tebras desa vida, sábese envolto na [[graza]] de Deus. Que non pasa contas a Deus, senón que confía a El e súa graza toda conta.
 
[[Categoría: personalidadesPersonalidades da teoloxía]] [[Categoría: cristianismo]]
[[Categoría:Cristianismo]]
 
[[cs:Karl Rahner]]