Joaquín Caparrós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ca:Joaquín Jesús Caparrós Camino
Sen resumo de edición
Liña 79:
O gran paso adiante como adestrador logrouno en [[1996]], cando foi contratado polo [[Recreativo de Huelva]], equipo no que recalou tres anos e logrou ascender a [[Segunda división española|Segunda División]]. En [[1999]] foi contratado polo [[Villarreal CF]], pero só estivo sete xornadas no cadro amarelo xa que os seus plantexamentos non chegaron a convencer, sendo substituído por [[Paquito García Gómez]].<ref>[http://www.elperiodicomediterraneo.com/noticias/noticia.asp?pkid=74547 Caparrós: "No me arrepiento de haber estado en el Villarreal"</ref> Ademais das súas actividades no día a día como adestrador de club, entre [[1998]] e [[2000]] fíxose cargo da [[Selección de fútbol de Andalucía|selección andaluza]].
 
En [[2000]] chegou ao [[Sevilla FC]] e foi neste club no que obtivo os seus maiores éxitos como adestrador, clasificándoo en dúas ocasións para a [[Copa da UEFA]]. Soubo dirixir ben nunha situación económica caracterizada por uns recursos financeiros escasos, baseando o seu plantexamento no traballo das categorías inferiores do club. Cando Caparrós chegou o Sevilla estaba en Segunda División e cando o abandonou en [[2005]] estaba na éliteelite do fútbol español.
 
En [[2005]] rexeitou a renovación co Sevilla e quixo comezar un novo proxecto,<ref>[http://www.elpais.com/articulo/deportes/Caparros/deja/Sevilla/elpepidep/20050603elpepidep_3/Tes "Caparrós deja el Sevilla"]</ref> sendo así contratado polo [[Deportivo de La Coruña|Deportivo da Coruña]] coa intención de darlle potencialidade á canteira. Na súa primeira tempada na Coruña o equipo rematou 8º e na segunda, a [[Primeira división española 2006/07|2006–07]], o Dépor foi 13º. Ante este panorama Caparrós decide deixar o equipo ao rematar a tempada e cederlle o testigo ao seu sucesor, [[Miguel Ángel Lotina]]. Durante a súa etapa deportivista lográronse os obxectivos; non descender, aínda que o bo xogo brillou pola súa ausencia.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/17/5906170.shtml "Joaquín Caparrós deja paso al próximo técnico del Deportivo"]</ref> Ese mesmo verán de [[2007]] foi contratado polo [[Athletic Club]].<ref>[http://www.libertaddigital.com/deportes/caparros-es-presentado-como-nuevo-entrenador-del-athletic-tras-las-elecciones-1276309452/ "Caparrós es presentado como nuevo entrenador del Athletic"]</ref>