Jimi Hendrix: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m mudando "él" por "el", pronome persoal
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Autodidacta, dende pequeno escoitou [[Blues]] e [[R&B]] da colección de [[discos]] do seu [[pai]], quen lle mercou a súa primeira [[guitarra]] cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música de [[Seattle]] e mercou unha [[guitarra eléctrica]] para Jimi e un [[saxofón]] para élel, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente como [[B. B. King]], [[Albert King]] e [[T-Bone Walker]] e converteu a [[guitarra eléctrica]] nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aínda [[adolescente]], xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike e [[Tina Turner]], [[Little Richard]] ou o mesmo [[B.B. King]].
 
En [[1965]] Jimi formou a súa propia banda, chamada [[Jimmy James and the Blue Flames]]. Chas Chandler, baixista dos Animals, oíuno tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse a [[Londres]]. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía. [[Chas Chandler]] conseguiulle coma baixista a [[Noel Redding]], quen en realidade era un [[guitarrista]] que necesitaba o emprego, e a un batería chamado [[Mitch Mitchell]]. Xuntos formaron [[The Jimi Hendrix Experience]]. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".