Diferenzas entre revisións de «Beltrán de la Cueva»

m
mudando "él" por "el", pronome persoal
mSem resumo de edição
m (mudando "él" por "el", pronome persoal)
Unha vez no seu novo destino, Beltrán da Cueva ascendeu rapidamente grazas ás súas excelentes relacións co rei. En [[1458]] foi nomeado mordomo de palacio e señor de Xaén, e en [[1461]] entrou no Consello Real, desprazando a [[Juan Pacheco]], [[Marqués de Villena]], como home de confianza ([[valido]]) de Henrique IV. Paralelamente, o seu irmán Gutierre foi nomeado [[bispo]] de [[Palencia]]. En [[1462]] concedéronselle os cargos de Conde de Ledesma e Maestre da [[Orde de Santiago]]. Tamén posuía por entón a cidade de [[Huelma]], concedida en [[1460]] como dote pola súa voda con Mencia de Mendoza e Lúa, sobrina do poderoso cardeal [[andalucía|andaluz]] [[Pedro González de Mendoza]]. Don Diego Fernández da Cueva foi obsequiado co Vizcondado de Huelma, que, á morte deste, pasou a Beltrán da Cueva, sendo elevado o título a Condado, chamándose primeiro Conde de Huelma.
 
Esta fulgurante carreira desatou as envexas e rancores de numerosos cortesáns e nobres, en especial o Marqués de [[Villena]]. Co fin de desacreditalo politicamente, comezaron a difundirse rumores sobre supostas aventuras de Beltrán de la Cueva coa raíña, [[Xoana de Portugal]], e ata chegou a asegurarse que a princesa [[Xoana a Beltranexa|Juana]] non era filla do rei (ao que se xulgaba impotente), senón do propio Beltrán. Por esta razón, no futuro comezaríase a alcuñar á herdeira ao trono como ''Xoana a Beltranexa''. As críticas chegaron ao seu nivel máis alto tralo seu nomeamento como Maestre de Santiago, ata o punto de que Henrique IV viuse obrigado por primeira vez a tomar medidas contra De la Cueva co fin de calalas. En [[1463]] foille retirado o cargo de Maestre e ordenóuselle que se afastase da Corte, pese a que foi recompensado coa concesión do título de Duque de [[Alburquerque]] (creado especificamente para élel) así como a entrega do castelo de Anguix e o goberno das poboacións de Roa, Aranda, Molina de Aragón, Cuéllar e Atienza.
 
En [[1465]] púxose ao lado do rei na chamada [[Farsa de Ávila]], conxura na que destacados nobres (entre eles o Marqués de Villena e o Arcebispo de [[Toledo]], [[Alfonso Carrillo]]) pretendían derrocar ao rei, e participou na [[Segunda Batalla de Olmedo]] ([[1467]]) que puxo fin á intentona. Como premio engadiu ás súas posesións as vilas de Mijares, A Adrada e Colmenar, que sería rebautizada posteriormente como Mombeltrán na súa honra.
103.099

edicións