Alfredo Astiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando "él" por "el", pronome persoal
Liña 7:
 
===O grupo da igrexa Santa Cruz===
A Alfredo Astiz encomendóuselle a tarefa especial de infiltrarse nas organizacións de dereitos humanos e en especial na Asociación [[Nais de Praza de Maio]]. Para iso adoptou o nome falso de Gustavo Niño, simulando ser familiar dun detido-desaparecido. As nais solíanadoitaban referirse a el cariñosamente como ''"el rubito"'', por mor do ton louro do seu cabelo e os seus ollos azuis. Nese carácter Astiz desempeñouse activamente e o seu nome suposto chegou a figurar na solicitude reclamando a liberdade dunha listaxe de detidos-desaparecidos que as organizacións de dereitos humanos publicaron no xornal [[La Nación]] o [[10 de decembro]] de [[1977]]. Astiz, baixo o seu nome simulado de Gustavo Niño, acostumaba acompañar ás nais e a outros activistas dos dereitos humanos, nas súas reunións e actividades na igrexa Santa Cruz pertencente aos pais [[pasionistas]], no barrio [[San Cristóbal (Bos Aires)|San Cristóbal de Bos Aires]] e xogar coas nenas e nenos que integraban a agrupación de boy scouts da parroquia.
 
En decembro de [[1977]] tomouse a decisión de facer desaparecer ao grupo de dereitos humanos que se reunía na igrexa Santa Cruz, en gran medida debido a que a exposición de Astiz fora moi alta. Entre o 8 e o 10 de decembro o Grupo de Tarefas 332 secuestrou e detivo clandestinamente ao grupo de Santa Cruz: [[Azucena Villaflor|Azucena Villaflor de Vicenti]], [[Esther Ballestrino|Esther Ballestrino de Careaga]], [[María Ponce|María Ponce de Bianco]] (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas francesas [[Alice Domon]] e [[Léonie Duquet]], e os activistas de dereitos humanos [[Ángela Auad]], Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo. Durante o operativo Astiz seguiu aparentando ser un familiar e foi sinalando cun abrazo no adro da igrexa a quen debían ser secuestrados. Durante varios anos considerouse que Gustavo Niño era un desaparecido e incluíse nas listaxes para reclamar pola súa vida.
 
Os doce membros da igrexa Santa Cruz foron torturados e asasinados ao ser arroxados ao mar nun ''voo da morte''. En [[2005]] algúns dos seus corpos serían achados enterrados como NN no cemiterio de General Lavalle, cercanopróximo ás plaiaspraias ás que as correntes marinasmariñas os arroxaran en 1977.
 
{{Cita|Hasta en sus peores momentos de dolor, la Hermana Alice que estaba en "Capucha"- preguntaba por la suerte de sus compañeros y en el colmo de la ironía- en forma particular por el «muchachito rubio», que no era otro que el Teniente de Fragata Astiz... (Testemuño de Lisandro Raúl Cubas, Cartapacio N° 6974, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985)<ref>[http://www.desaparecidos.org/arg/conadep/nuncamas/nuncamas.html ''Informe Nunca Más, Capítulo II, Víctimas, E. Religiosos'', Informe Nunca Más, CONADEP, 1985]</ref>}}