Diferenzas entre revisións de «MacGyver»

m
→‎Historia: American Broadcasting Company
m (r2.7.1) (Bot: Engado: ro:MacGyver)
m (→‎Historia: American Broadcasting Company)
 
==Historia==
A serie comezou en 1985 e durou 7 anos no aire. Emitiuse orixinalmente na cadea estadounidense [[American Broadcasting Company|ABC]]. Actualmente os dereitos posúeos a [[CBS]].
 
A sona de MacGyver vén da súa habilidade para improvisar calquera dispositivo con elementos simples e en grao sumo variados: gomas de mascar, clips, chisqueiros, [[pneumático]]s etc., e a súa inseparable [[navalla suíza]]. É un axente secreto cuxa arma máis perigosa é a súa [[intelixencia]]. Con tan só a súa mochila repleta de diversos obxectos normais e correntes, sempre é capaz de fabricar toda clase de elementos e de escapar de todos os perigos que se topan no seu camiño, tanto nas súas diversas misións como na súa vida cotiá. Ten parte de boy scout e outra parte de xenio. Nunca usa armas de fogo e sempre evita matar a ninguén.
109.590

edicións