Trompa de Falopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
== Anatomía ==
As trompas de Falopio das mulleres son uns tubos duns 10-12 cm, que permiten o paso do [[óvulo]] desde o ovario ao útero, situados nun bordo do [[peritoneo]] chamado mesosálpinx, que forma parte do ligamento largo do útero. As trompas de Falopio divídense nos seguintes segmentos (de lateral a medial):
* '''Infundíbulo'''. É a parte agrandada con forma de funil que está próxima ao ovario, aínda que non teñen unha continuidade anatómica con el. Está aberta á cavidade peritoneal polo extremo que dá ao ovario. No seu fondo hai un orificio de 2 mm ou menos chamado orificio abdominal (''ostium abdominale'') <ref name=Cunn>G.J. Romanes Cunningham Tratado de Anatomía. 12ª edición (1987). Interamericana- Mc Graw Hill. Páxinas 602-603. ISBN 84-7605-359-2 </ref>. O infundíbulo contén nas súas beiras unhas prolongacións con forma de flecosflocos chamados '''fimbrias''', as cales son irregulares e poden ter ramificacións ou estar divididas. Hai unha fimbria máis longa, que toca o ovario (fimbria ovárica).
* '''Ampola'''. É a seguinte rexión, que supón a maior parte da trompa. Alí recíbese o óvulo saído do ovario na [[ovulación]] despois da súa recollida no infundíbulo.
* '''Istmo'''. É a rexión máis estreita da trompa, que a conecta co útero.