Trompa de Falopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
A parede da trompa está formada por unha capa serosa externa, unha capa muscular intermedia e un epitelio mucoso interno.
 
As trompas están tapizadas por un epitelio columnar simple, que forma pregamentos e cristas, que son máis numerosos e ramificados na zona da ampola, onde o epitelio é máis alto. Contén dous tipos de células: ciliadas e non ciliadas (secretoras). As células predominantes son as ciliadas, que son máis numerosas no infundíbulo e na ampola <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 880-884. ISBN 84-7605-361-4</ref>. As características da mucosa cambian coas fases do [[ciclo menstrual]]. O [[estróxeno]] incrementa a produción de [[cilio]]s nestas células.

Dispersas entre as células ciliadas están as células non ciliadas, que conteñen [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] e producen o fluído tubular. Este fluído contén nutrientes para os [[espermatozoide]]s, [[ovocito]]s, e [[cigoto]]s. Nalgunhas especies como o coello engaden ao ovocito unha envoltura albuminosa externa. As secrecións tamén promoven a [[capacitación]] do esperma ao eliminareliminaren [[glicoproteína]]s e outras moléculas da membrana plasmática do esperma. A [[proxesterona]] incrementa o número de células non ciliadas, entanto que o estróxeno incrementa a súa altura e actividade secretora. O fluído das trompas flúe encontra da acción dos cilios, os cales baten é cara ao extremo que dá ao ovario.
 
A capa muscular está formada por dúas capas de músculo liso, a interna é circular ou espiral e a externa é principalmente lonxitudinal, aínda que non están nitidamente delimitadas.