Rub al-Khalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Inda que tén unha boa parte de afloramentos rochosos e chairas de xabre, coñécese tamén por "as areas" pola súa extensión de area, que o converte no mar de area máis extenso do mundo, con [[dunas]] de ata 250 metros de alto. Mais o seu subsolo agocha outra riqueza: nos anos 1930 descubríronse uns xacementos de petróleo debaixo do deserto e creouse a Arabian-American Oil Company (Aramco) para a súa comercialización. Agora esta empresa xa non tén capital norteamericano e isto fornece enormes beneficios ó estado saudí, que conta cunha das maiores rentas per cápita do mundo gracias a isto. As exploracións ulteriores aínda amosaron máis xacementos ([[Xaibah]] en 1990, de 775 quilómetros cadrados e con catorce mil millóns de barrís de crudo [[Arab]], un dos mellores do mundo) e polo deserto trazáronse oleoductos de ata 635 quilómetros (construídos por 14.000 operarios) ata a refinería de Abqaiq.
 
Neste deserto poden atoparse [[Uruq|uruquín]] (o de ''al-Mutaridah'', "a vea continua"), [[Sebkha|sebkhas]] (a de ''Umm as-Sammim'', "Nai dos velenos") ou [[Barkhán|barkháns]], e é onde se cultiva o [[qat]].
 
==Costumes==