Secuencia principal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Estrela (astronomía)
Liña 1:
[[Ficheiro:H-R diagrama.png|thumb|333px|Diagrama de Hertzsprung-Russell]]
Denomínase '''secuencia principal''' á rexión do [[diagrama de Hertzsprung-Russell]] en que se encontran a maior parte das [[Estrela (astronomía)|estrela]]s. As estrelas que se sitúan nesta banda son chamadas estrelas da secuencia principal. As máis frías desta curva son as [[anana vermella|ananas vermellas]] mentres que as que están máis ó extremo de altas temperaturas son as supermasivas [[xigante azul|xigantes azuis]]. O diagrama H-R é un diagrama estatístico que mostra a [[temperatura efectiva]] das estrelas en función da súa [[luminosidade]]. Outras rexións do diagrama están ocupadas por estrelas xigantes de curta vida e evolución rápida ou por [[anana branca|ananas brancas]] moi estables.
 
As estrelas sitúanse nesta rexión debido a que tanto o [[tipo espectral]], que se pode relacionar coa temperatura, que, como a [[luminosidade]] dunha estrela, depende da súa [[masa]] <math>(L \propto M^3)</math>. Pero isto é certo só a orde cero, é dicir durante a etapa de [[Fusión nuclear|fusión]] do [[hidróxeno]].