Daltonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
inglés > lingua inglesa
Liña 1:
[[Ficheiro:Testcol2.png|thumb|Test de daltonismo (algunhas persoas daltónicas non poden ver o número inserto na imaxe).]]
 
O '''daltonismo''' -denominado así polo [[Física|físico]] [[inglaterra|inglés]] [[John Dalton]], quen o padecía- é un defecto [[xenética|xenético]] consistente na imposibilidade de distinguir as [[cor]]es (''discromatopsia''). Aínda que ningún [[daltónico]] confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o [[verde]] e o [[vermello]]; con todo, poden ver máis matices do [[violeta]] que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
 
O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ao [[cromosoma X]], o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual ca na [[hemofilia]].