Motocicleta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mwl:Motocicleta
Servando2 (conversa | contribucións)
inglés > lingua inglesa
Liña 9:
Gottlieb Daimler usou un novo motor inventado polo enxeñeiro [[Nikolaus August Otto]]. Otto inventou o primeiro [[motor de combustión interna]] de catro tempos en [[1876]]. Chamouno "Motor de [[Ciclo Otto]]" e, axiña que como o completou, Daimler (antigo empregado de Otto) converteuno nunha motocicleta que algúns historiadores consideran a primeira da historia. En [[1894]] Hildebrand e Wolfmüller presentan en [[Múnic]] a primeira motocicleta fabricada en serie e con claros fins comerciais. A Hildebrand e Wolfmüller mantívose en produción ata [[1897]]. Os irmáns rusos fincados en [[París]] [[Eugéne Werner|Eugéne]] e [[Michel Werner]] montaron un motor nunha [[bicicleta]]. O modelo inicial co motor sobre a roda dianteira comezouse a fabricar en [[1897]].
 
En [[1902]] inventouse o [[Scooter|escúter]] (provén do [[lingua inglesa|inglés]] 'scooter'), tamén coñecido como auto cadeira de brazos, polo francés [[Georges Gauthier]]. A escúter é unha moto provista dun cadro de mandos de protección. Foi fabricada en [[1914]]. Tivo unha gran popularidade, sobre todo entre os mozos. Está composta por dúas rodas de pouco diámetro e un cadro aberto que permite ao condutor estar sentado no canto de ao carricho. Tamén contén unha carrocería que protexe todos os mecanismos, e ofrece algún pequeno espazo de almacenaxe de obxectos pequenos e dunha roda de recambio. Son vehículos urbanos, aínda que tamén se poden facer viaxes longas. O que destaca neste tipo de motos é a comodidade do manexo e facilidade de condución, e non o desenvolvemento de grandes velocidades.
 
[[Ficheiro:Jawa-1.jpg|thumb|Moto con sidecar.]]
Liña 33:
 
* '''Turismo''', utilízanse para viaxar, teñen unha posición de condución relaxada, co corpo máis ou menos dereito e polo xeral veñen equipadas con [[maleta]]s e parabrisas alto.
** '''Custom''' (do [[lingua inglesa|inglés]] ''custom'', personalizar), son motocicletas de non moita potencia onde o que prima é o par motor e poucas revolucións. Caracterízanse polo son característico do seu motor (moi rouco), tanto que marcas como Harley Davidson teñen patentado o son dos seus modelos. As motos custom son, por dicilo dalgún xeito, motos ''tuning'', xa que cada propietario adoita modificalas segundo os seus gustos, sendo moi difícil atopar dúas motos custom iguais.
** '''Sport turismo''', como o seu nome indica están dacabalo entre as motos turísticas e as deportivas, axuntando calidades de ambos os estilos.
** '''HI Sport''', son o máis parecido a unha moto de carreiras. Nelas priman por encima de todo as prestacións deportivas, sacrificando as calidades turísticas, Polo xeral as motocicletas "HI Sport" adoitan estar provistas da tecnoloxía máis avanzada dispoñible no mundo da motocicleta de rúa.