Sunderland A.F.C.: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
A [[Segunda Guerra Mundial]] impediu a disputa da Football League entre 1940 e 1946, e o Sunderland de postguerra xa non foi quen de loitar polo título de liga salvo en 1950, ano no que rematou 3º a só un punto do campión. O declive definitivo do club coincidiu co nacemento das competicións europeas. En 1958 o Sunderland rematou en postos de descenso directo á ''Football League Second Division'' por vez primeira en mais de 60 anos, comezando unha etapa escura na historia do club.
 
[[File:1973facuphomecoming.jpg|180px|thumb|left|Celebración da FA Cup en 1973.]]
O ascenso fíxose agardar ate 1964. Nas seguintes tempadas o Sunderland acadou resultados moi modestos, rematando sempre na parte baixa da táboa. En 1970 o equipo foi penúltimo, caendo de novo á ''Second Division''. A pesar de competir na segunda división da Football League, o Sunderland acadou a súa 2ª [[FA Cup]] en 1973. O ascenso fíxose agardar de novo, nesta ocasión ate 1976, para descender novamente en 1977. En 1980 chegou un novo ascenso. Despois duns anos na máxima categoría, chegaron os peores anos da historia da entidade. En 1985 o Sunderland descendeu á segunda división, e en 1987 fíxoo de novo, esta vez á terceira división. A súa estadía foi dun só ano, ascendendo á segunda división en 1988.
[[File:1973facuphomecoming.jpg|180px|thumb|left|Celebración da FA Cup en 1973.]]
[[File:Stadium of light Haway the lads.jpg|260px|thumb|right|[[Stadium of Light]], fogar do Sunderland AFC.]]
En 1990 recuperou a máxima categoría, pero caeu de novo á segunda división en 1991. En 1993 naceu a [[Premier League]], collendo ó equipo na segunda división, que se converteu na primeira división da Football League. Dende entón o Sunderland seguíu a ser un equipo ascensor, ascendendo á Premier League en 1996, 1999, 2005 e 2007.