A cuncha aparece xa no estado de larva e crecemedra continuamente durante a vida do animal. As diferencias climáticas, de acceso ó alimento e de concentración de calcio na auga nas distintas estacións do ano fan que o crecemento da cuncha sexa discontinuo, de forma que na cuncha poden apreciarse liñas de crecemento semellantes ós aneis das árbores, se ben non se deben interpretar como ciclos anuais de crecemento, como nestas últimas. Estas liñas son as estrías lonxitudinais ou concéntricas (máis visibles nos bivalvos), paralelas ó bordo da cuncha, máis ou menos marcadas segundo a especie.
En caso de que o animal sufra danos na cuncha, o manto pode rexenerala, quedando unha especie de cicatriz.