Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m arquitectura gótica
Liña 3:
[[Ficheiro:Santa Mariña 02-07.JPG|thumb|300px|Vista lateral]]
[[Ficheiro:Santa Mariña 02-17.JPG|thumb|300px|De arriba abaixo, os apóstolos Santiago o Maior, Mateu, Paulo e Tomé]]
As ruínas da '''igrexa de Santa Mariña Dozo''', en [[Cambados]], son os restos que quedan dunha igrexa [[góticoarquitectura gótica|gótica]] construída no [[século XV]] por dona María de Ulloa, señora de Cambados e nai de [[Alonso III de Fonseca]], sobre unha edificación [[románico|románica]] do [[século XII]]. Desde [[1943]] é [[Monumento Histórico-Artístico]].
 
Érguese na base do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo [[castro (poboado)|castro]]. É de estilo gótico mariñeiro con influencias [[renacemento|renacentistas]]. Comezou a construción Lope Sánchez de Ulloa, sendo a súa filla María de Ulloa quen a ampliou e rematou. Parece que tamén interveu na súa construción Xoana de Hungría, muller de [[Paio Gómez de Soutomaior]], aínda que outros autores dubidan desta contribución. Algúns elementos decorativos poñen en evidencia que os mestres construtores pertencían ó círculo que traballaba en [[Santiago de Compostela|Santiago]], repetindo en Cambados os modelos utilizados, como tal, no [[Hospital dos Reis Católicos|Hospital Real de Santiago]].