Materia escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m estrela (astronomía)
m →‎Historia: estrela (astronomía)
Liña 10:
Un dos maiores enigmas da [[astronomía]] moderna é que máis do 90% do [[Universo]] é invisible para a actual [[tecnoloxía]] telescópica (un 24 % de materia escura, é un 72 % de [[enerxía escura]]) o restante 5% é a materia ordinaria. Ata o ano 2006, o único que sabían con certeza os científicos é que esta materia escura existe e que non pode detectarse directamente porque non emite [[luz]] ou [[radiación]].
 
A [[ciencia]] logrou entender moito sobre o que se denomina "[[materia bariónica]]", a materia "normal" que forma as estrelas e planetas, pero os investigadores tiveron moitos problemas para comprender que constitúe o principal material do que está formado o [[cosmos]]. Só se sabe da súa presenza pola velocidade en que as [[galaxia]]s rotan. É dicir, as [[estrela (astronomía)|estrela]]s das galaxias móvense tan rápido que se non houbese un material invisible que as mantivese xuntas por atracción gravitacional, estas rotarian moito mais lentamente, chegando incluso a desfacerse o cúmulo galáctico.
 
A comezos de [[2006]], científicos de [[Cambridge]], estudando doce galaxias ananas situadas preto do límite da nosa propia [[Vía Láctea]], realizaron [[mapa]]s en 3D das galaxias baseándose no movemento das súas estrelas para "trazar" a pegada da materia escura entre elas e medila con precisión, concluíndo que as galaxias contiñan 400 veces máis materia escura que materia bariónica e que a materia escura non é, como se cría, fría: as partículas de materia escura, móvense a 9 Km. por segundo, e están a uns 10.000º centígrados.