Nebulosa de emisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
m estrela (astronomía)
Liña 1:
[[Imaxe:M57 The Ring Nebula.JPG|thumb|Unha nebulosa planetaria, aquí representada pola [[Nebulosa do Anel]], é un exemplo de nebulosa de emisión.]]
Unha '''nebulosa de emisión''' e unha [[nube]] de [[gas ionizado]] (''ex.'' o [[Plasma (física)|plasma]]) que emite luz en varias cores. A fonte máis común de [[ionización]] son os [[fotón]]s de alta [[enerxía]] emitidos por unha [[estrela (astronomía)|estrela]] activa próxima. Entre os diversos tipos de nebulosas de emisión podemos atopa-la [[Rexión H II]], a cal é un lugar de formación de novas estrelas e estrelas masivas que son fonte de fotóns ionizados; e é tamén o berce de [[nebulosa planetaria|nebulosas planetarias]], onde estrelas moribundas que se desprenderon das súas capas externas, quentan co seu núcleo moi activo (agora exposto e sen capas externas) directamente o gas remanente que fica ó seu redor (provinte das súas capas externas), ionizando o mesmo.
 
==Información xeral==
Liña 6:
Frecuentemente, unha estrela nova ioniza parte da nube da cal naceu (case sempre é unha estrela masiva), as estrelas quentes poden tamén acadar un nivel de emisión de enerxía o suficientemente alto para ionizar parte dunha nube de gas. En moitas nebulosas de emisión un [[cúmulo estelar]] o completo de estrelas novas poden estar facendo o traballo ó unísono.
 
A cor dunha nebulosa depende da composición química e do grao de [[ionización]] da mesma. Debido á predominancia do [[hidróxeno]] no gas interestelar, e o seu relativamente baixo nivel de enerxía de ionización, moitas das nebulosas de emisión amósanse vermellas debido as fortes emisión das [[series de Balmer]]. Se hai máis enerxía dispoñible, outros elementos poden ser ionizados, amosándose así nebulosas verdes ou azuis. Examinado o [[espectro electromagnético|espectro]] da nebulosa, os astrónomos poden deduci-la súa composición química. A meirande parte das nebulosas de emisión teñen ó redor dun 90% hidroxenohidróxeno, con trazas de [[helio]], [[osíxeno]], [[nitróxeno]], e outros elementos.
 
Algunhas das máis prominentes nebulosas de emisión visibles do [[hemisferio norte]] son a [[Nebulosa de Norteamérica]] (NGC 7000) e a [[Nebulosa do Velo]] (NGC 6960/6992) na [[constelación]] de [[Cygnus]], e no [[hemisferio sur]] están coma exemplo a [[Nebulosa da Lagoa]] (M8 / NGC 6523) na constelación de [[Sagittarius]] e a [[Nebulosa de Orión]] (M42).<ref>McArthur,Frommert and Kronberg. "Messier 42" ''Messier Object 42''. 12 de abril do 2006. 17 de xullo do 2007.[http://seds.org/messier/m/m042.html]</ref> Máis no interior do hemisferio sur está a [[Nebulosa de Carina]] (NGC 3372).