Titania (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
m →‎Atmosfera: estrela (astronomía)
Liña 127:
A presencia do dióxido de carbono na superficie suxire que Titania quizais posúa unha tenue atmosfera estacional de CO<sub>2</sub>, de xeito semellante a atmosfera a lúa de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], [[Calisto (lúa)|Calisto]].{{#tag:ref|A presión parcial do CO<sub>2</sub> na superficie de Calisto é do redor de 10&nbsp;pbar.|group=nota}}<ref name=Widemann2009/> É moi pouco probable a presencia doutros gases coma o [[nitróxeno]] ou o [[metano]], por que a lúa ten unha [[gravidade]] moi baixa coma para poder reter estes elementos. A temperatura máxima que se estima que se pode acadar durante o [[solsticio de verán]] en Titania é de 89&nbsp;K, a presión do vapor de dióxido de carbono nesas condicións ronda os 3&nbsp;nbar.<ref name=Widemann2009/>
 
O 8 de setembro do 2001, Titania foi [[ocultación (astronomía)|ocultada]] por unha [[estrela (astronomía)|estrela]] brillante ([[HIP106829]]) cunha [[magnitude aparente|magnitude visible]] de 7,2; esta era unha boa oportunidade para precisar aínda máis o diámetro da lúa e algunhas outras das súas efemérides, e tamén unha boa oportunidade para detecta-la súa atmosfera. Os datos revelaron que non existía unha atmosfera por riba dunha presión superficial de 10–20 nanobars; de existir, esta debería ser moito máis tenue cás atmosferas de [[Tritón (lúa)|Tritón]] ou [[Plutón (planeta anano)|Plutón]].<ref name=Widemann2009/> O límite superior destas medicións é varias veces superior á presión superficial máxima que pode acada-lo dióxido de carbono, o cal significa que estas medicións non restrinxen os parámetros dunha posible atmosfera en Titania.<ref name=Widemann2009/>
 
A peculiar xeometría de sistema de Urano causa cos polos das lúas reciban máis enerxía cás rexións ecuatoriais.<ref name=Grundy2006/> A presión do vapor de dióxido e carbono aumenta co aumento da temperatura,<ref name=Widemann2009/> estoisto permitiría a acumulación do dióxido de carbono en latitudes baixas da lúa, que estaría de xeito estable en rexións cun albedo alto e en forma de xeo en rexións escuras. Durante o verán, cando a temperatura polar acada os 85–90&nbsp;K,<ref name=Widemann2009/><ref name=Grundy2006/> o dióxido de carbono sublimase e migra ó polo oposto e as rexións ecuatoriais, establecendo así un tipo de [[ciclo do carbono]]. O xeo de dióxido de carbono pode ser eliminado polas partículas magnetosféricas que impactan contra a superficie da lúa. Titania seguramente perdeu boa parte do seu dióxido de carbono dende a súa formación hai xa máis de 4.600 millóns de anos.<ref name=Grundy2006/>
 
== Orixe e evolución ==