Programación orientada a obxectos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma inglés > lingua inglesa
Liña 1:
A '''programación orientada a obxectos''' (POO ou OOP segundo as súas [[sigla]]s en [[Idiomalingua inglésinglesa|inglés]]) é un [[paradigma de programación]] que usa [[Obxecto (programación)|obxectos]] e as súas interaccións para deseñar aplicacións e programas de ordenador. Está baseado en varias técnicas, incluíndo herdanza, modularidade, polimorfismo, e encapsulamento. O seu uso popularizouse a principios da década de 1990. Actualmente varias linguaxes de programación soportan a orientación a obxectos.
 
== Introdución ==
Liña 8:
Os métodos e atributos están estreitamente relacionados pola propiedade de conxunto. Esta propiedade destaca que unha clase require de métodos para poder tratar os atributos cos que conta. O [[programador]] debe pensar indistintamente en ambos os dous conceptos, sen separar nin darlle maior importancia a ningún deles. Facelo podería resultar en seguir o hábito erróneo de crear clases colectoras de información por unha banda e clases con métodos que a manexen polo outro. Deste xeito estaríase chegando a unha [[programación estruturada]] camuflada nunha linguaxe de programación orientado a obxectos.
 
Isto difire da [[programación estruturada]] tradicional, na que os datos e os procedementos están separados e sen relación, xa que o único que se busca é o procesamientoprocesamento duns datos de entrada para obter outros de saída. A programación estruturada anima ao programador a pensar sobre todo en termos de procedementos ou funcións, e en segundo lugar nas estruturas de datos que eses procedementos manexan. Na programación estruturada só se escriben funcións que procesan datos. Os programadores que empregan este novo paradigma, en cambio, primeiro definen obxectos para logo enviarlles mensaxes solicitándolles que realicen os seus métodos por si mesmos.
 
== Orixe ==