Diferenzas entre revisións de «Requila»

m
Mérida, España
m (r2.7.1) (bot Engadido: hr:Rechila)
m (Mérida, España)
[[Ficheiro:Sueben coin III.jpg|thumb|right|190px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
'''Requila''' (?-[[448]]) foi o segundo monarca [[suevo]] do [[reino de Galiza]]. Subiu ó trono en [[438]] por desexo do seu pai [[Hermerico]] que estaba enfermo desde anos atrás. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os [[galaicos]] nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo ''[[foedus]]'' con [[Roma antiga|Roma]] e alianzas coas tribos [[Bagaudas]] (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por [[Lusitania (provincia)|Lusitania]] e a [[Bética]] derrotando no 438 a [[Andevoto]] (''dux'' romano segundo [[Isidoro de Sevilla]] ou un xefe local segundo outras fontes), e en [[439]] conquistou [[Mérida, España|Mérida]]. Apoderouse de [[Sevilla]] en [[441]]. Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual [[Andalucía]] e de parte do [[Levante_español|Levante]]. Tamén fixo incursións na [[Tarraconense]] e no [[446]] derrotou ao xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas. Á súa morte en [[448]] sucedeuno o seu fillo [[Requiario]].
[[Ficheiro:Galician-suevic-kingdom.png|thumb|left|250px|Dominios da monarquía sueva, e extensión do [[reino de Galicia]] arredor do ano 500 d.C.]]
{{S-start}}
109.150

edicións