Sistema de numeración decimal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma francés > lingua francesa
Liña 8:
Polo tanto, e contrariamente á [[numeración romana]], a cifra árabe ten un valor diferente segundo a súa posición no número: así, en ''111'', a primeira cifra significa 100, a segunda 10 e a terceira 1, mentres que en '''VIII''' (oito en numeración romana) os tres ''I'' significan todos ''1''.
 
Excepto en certas culturas, este sistema de posición úsase habitualmente en todo o mundo e en todas as áreas que requiren dun sistema de numeración. Sen embargo hai certas técnicas, como por exemplo na informática, onde se utilizan sistemas de numeración adaptados ao método de traballo como o [[Sistema binario|binario]] ou o [[Sistema hexadecimal|hexadecimal]]. Tamén poden existir nalgúns idiomas vestixios do uso doutros sistemas de numeración, como o [[Sistema quinario|quinario]], o [[Sistema duodecimal|duodecimal]] e o [[Sistema vixesimal|vixesimal]]. Por exemplo, cando se contan cousas por [[ducia]]s, ou cando se empregan palabras especiais para designar certos números; en [[Idiomalingua francésfrancesa|francés]], por exemplo, o número 80 exprésase "''quatre-vingt''", "catro vintenas", en galego.
 
No sistema decimal o símbolo 0 (cero) posicionado á esquerda do número escrito non altera o seu valor representativo. Así: 1; 01; 001 ou 0001 representan a mesma magnitude, neste caso a unidade. O símbolo cero posto á dereita implica multiplicar a magnitude pola base, ou sexa, por 10 (dez).