Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma francés > lingua francesa
Liña 50:
=== Século XVIII ===
[[Ficheiro:Jean-Baptiste Siméon Chardin 007.jpg|thumb|left|220px|[[Jean Siméon Chardin]], ''A raia'' (1728)]]
No [[século XVIII]], as connotacións relixiosas e alegóricas da natureza morta abandonáronse e as pinturas de mesa de cociña evolucionaron ata ser calculadas representacións de variada cor e forma, amosando comidas cotiás. A aristocracia francesa contratou a artistas para executar pinturas de pródigos e extravagantes bodegóns que loaban as súas mesas, tamén sen a mensaxe moralista da ''vanitas'' das súas predecesores holandeses. O amor [[rococó]] polo artificio levou a un auxe na apreciación francesa polo Trompe-l'œil, (en [[Idiomalingua francésfrancesa|francés]] «enganar ao ollo». As naturezas mortas de [[Jean Siméon Chardin|Chardin]] empregan unha variedade de técnicas desde o realismo ao estilo holandés a harmonías máis suaves.<ref>Zuffi, p. 288, 298</ref>
 
Nos Estados Unidos, na época revolucionaria, os artistas estadounidenses formados no estranxeiro aplicaron estilos europeos ao retrato e os bodegóns estadounidenses. [[Charles Willson Peale]] fundou unha familia de prominentes pintores estadounidenses e como un gran líder dentro da comunidade artística do seu país, tamén fundou unha sociedade para a formación de artistas así como un famoso museo de curiosidades naturais. O seu fillo [[Raphaelle Peale]] foi un dun grupo de artistas de bodegón estadounidenses antigos, que tamén incluíu a [[John F. Francis]], [[Charles Bird King]] e John Johnston.<ref>Ebert-Schifferer, p. 260</ref> Na segunda metade do [[século XIX]], [[Martin Johnson Heade]] introduciu a versión estadounidense da pintura de biotopo ou hábitat, que colocaba flores e paxaros nunha contorna de exteriores simulado.<ref>Ebert-Schifferer, p. 267</ref> Os Trompe-l'œil estadounidenses tamén floreceron durante este período, creados por [[John Haberlle]], [[William Michael Harnett]] e [[John Frederick Peto]]. Peto especializouse nunha pintura nostálxica de estanterías mentres que Harnett logrou o maior nivel de hiperrealismo nas súas celebracións pictóricas da vida estadounidense a través de obxectos cotiáns.<ref>Ebert-Schifferer, p. 272</ref>