Opus Dei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Igrexa Católica Romana
m →‎Historia e características: Alcalá de Henares
Liña 6:
 
== Historia e características ==
O Opus Dei, fundado en 1928, foi aprobado por primeira vez en [[1941]] polo bispo de [[Madrid]]-[[Alcalá de Henares |Alcalá]] ([[España]]). Anos despois, en [[1950]], a [[Santa Sé]] aprobouno como [[Instituto Secular]], rexéndose polos seus propios estatutos. Tras solicitalo, foi erixida como [[prelatura persoal]] en [[1982]] polo [[Papa]] [[Xoán Paulo II]], sendo a única existente na actualidade. A prelatura depende da ''[[Congregación para os Bispos]]''.
 
A misión institucional do Opus Dei é difundir a ensinanza católica de que todas as persoas están chamadas a facerse santos, e que a vida ordinaria é un camiño cara á santidade.<ref>A Igrexa Católica declarou no Concilio Vaticano II que "todos os fieis, de calquera estado ou condición, son chamados á plenitude da vida cristiá e á perfección da caridade, que é unha forma de santidade que promove, aínda na sociedade terrea, un nivel de vida máis humano. Pertence aos laicos buscar o reino de Deus, traballando nas cousas do mundo e dirixíndoas segundo a vontade de Deus". (Const. Dogm. ''Lumen Gentium'', n. 40).</ref>