Análise de contido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Cambios en imaxes
Tfeliz (conversa | contribucións)
m →‎As raíces: negrito
Liña 5:
Krippendorff (1990, p. 28) define a '''análise de contido''' como ''unha técnica de investigación destinada a formular, a partir de certos datos, inferencias reproducíbeis e válidas que poidan aplicarse ao seu contexto.''
==As raíces==
A '''análise de contido''' é un conxunto de técnicas propias do [[século XX]] que teñen as súas raíces na [[Hermenéutica]] que consiste na interpretación do textos sagrados, a [[Retórica]] que trata das formas persuasivas de expresión e a [[Lóxica]] que determina as regras formais dos razoamentos (Bardin, 1986).
A principios do século XX, Thomas e Znaniecki realizaron un estudo dos emigrantes polacos en [[Europa]] e [[América]] analizando documentos persoais (cartas, diarios), artigos de prensa e informes oficiais (op. cit., 1986). Lasswell realiza un estudo da propaganda durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Tamén encontramos diversos movementos analizando a prensa como a Escola de Periodismo de Columbia desde unha perspectiva esencialmente cuantitativa, recontando a presenza de determinadas palabras por exemplo (op. cit., 1986).
Unha das análises mías famosas foi a das [[Cartas de Jenny]] que analizaron nos [[1940|corenta]] autores como [[Baldwin]], [[Allport]] e [[Paige]] desde diversas perspectivas. Osgood desenvolve nos [[1950|cincuenta]] unha das primeiras técnicas que denominou a [[Análise de continxencia]] que estuda a concorrencia de contidos nos textos. Este período está marcado por tendencias condutistas de corte cuantitativo preocupadas pola obxectividades, a sistematización e a cuantificación como no caso de autores como [[Berelson]] e [[Lazarsfeld]] (op. Cit., 1986).
Até esta época, os autores máis relevantes son periodistas, psicólogos, sociólogos ou politicólogos. A partir dos cincuenta, empezan a aparecer etnólogos, psicanalistas, psiquiatras, historiadores e lingüistas que se abren a novas perspectivas e posibilidades mías flexíbeis. Aparecen entón contraposicións que perduran até a actualidade como os enfoques [[investigación cuantitativa|cuantitativo]] e [[investigación cualitativa|cualitativo]] ou a análise pegada ao texto (''representacional'') ou contextualizado (''instrumental'') (op. cit., 1986).
 
==O papel das disciplinas==
As [[disciplina]]s son campos de coñecemento que permiten abordar a realidade desde múltiples perspectivas. Cada disciplina ten método propios para coñecer a realidade e para organizar ese coñecemento. A '''análise de contido''' pode abordarse desde múltiples disciplinas dando lugar a resultados diversos. Por exemplo, o poema [http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=CaGa++++1&alias=Rosal%EDa+de+Castro&id_edicion=CaGa++++1002&formato=texto&pagina=4&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DCaGa++++1%26alias%3DRosal%EDa+de+Castro%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ECantares+Gallegos%3C%2Fa%3E&maxpagina=8&minpagina=1 Adios rios, adios fontes] pode dar lugar a análises moi variadas segundo se colla desde unha perspectiva psicolóxica ou lingüística. A perspectiva lingüística proporcionaría elementos sobre o vocabulario utilizado, a estrutura das oracións, as rimas, a ortografías, etc. A perspectiva psicolóxica facilitaría elementos emocionais, actitudinais, relacionais, perceptivos, etc.