Análise de contido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tfeliz (conversa | contribucións)
Texto completo
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Cambios en imaxes
Liña 1:
A '''análise de contido''' procura a comprensión e interpretación de [[texto]]s, entendidos en sentido amplo, tanto se son escritos, visuais ou sonoros. Tradicionalmente a '''análise de contido''' aplicábase fundamentalmente a textos escritos mais, na actualidade, pódense analizar contidos de moi diversa natureza: vídeos, gravacións sonoras, fotografías, debuxos, obxectos, etc. Desde esta perspectiva [[Eclectecismo|ecléctica]], todo obxecto é susceptíbel de análise e as metodoloxías aplicábeis tamén son moi diversas de acordo coa disciplina desde a que se aborde a análise. Por exemplo, a análise de contido dunha serie de poemas pode dar lugar a resultados moi diferentes se se aborda desde a [[lingüística]], a [[historia]], a [[psicoloxía]], a [[literatura]], etc.
[[File:Analisedecontido1.png|thumb|Dinámica da análise de contido]]
==Definición==
[[File:Analisedecontido1.png|thumbright|500px|Dinámica da análise de contido]]
O [[contido]] é o compoñente dos [[signo]]s que se refire ao seu [[significado]]. Os signos poden utilizarse individual ou agrupadamente e poden analizarse illados ou contextualizados. Cada análise proporciona unhas posibilidades de interpretación. Normalmente, unha '''análise de contido''' aborda un conxunto de signos, é dicir, unha composición ou conxunto de composicións comunicativas para as que se deseña unha estratexia para comprendelos e interpretalos. A súa comprensión e interpretación poden levar á construción de modelos, teorías, estruturas, secuencias, conclusións, respostas, etc.
Krippendorff (1990, p. 28) define a '''análise de contido''' como ''unha técnica de investigación destinada a formular, a partir de certos datos, inferencias reproducíbeis e válidas que poidan aplicarse ao seu contexto.''
Liña 38:
Unha categoría é un conxunto de elementos que comparten algún risco en común. Esta característica compartida permite identificalos baixo unha denominación. Chámase categoría tanto ao conxunto como á súa denominación. Categorizar é por tanto clasificar. Se se clasifica unha caixa de follas de árbores, pódense realizar diversas categorías de acordo co criterio que se elixa. Por exemplo, pódense clasificar pola súa forma, polo seu tamaño, pola súa cor, etc. Isto mesmo sucede nunha '''análise de contido''': o criterio vén determinado pola pregunta de investigación e un segmento de texto pode ter varias etiquetas ou categorías como no caso das follas. Unha mesma folla pode estar na categoría de follas pequenas, con puntas e verde escuro. Sería o caso das follas de [[Acivro]].
As categorías poden extraerse da análise de contido ou doutras investigación ou teorías previas (Muñoz Justicia, 2003). No primeiro caso, son só as preguntas de investigación as que guían o analista; no segundo caso, intenta aplicar as categorías e detectar que segmentos de texto ou partes do contido se poden asociar coas categorías dadas.
Inicialmente, os sistemas de categorización tiñan que ofrecer categorías exhaustivas e excluentesexcluíntes entre si, é dicir, as categorías debían cubrir a totalidade do contido e non podían solaparse entre elas. Desde unha perspectivas máis cuantitativa aínda se poderían soster estes requisitos. Desde unha aproximación máis cualitativa, admítese que nin é necesario cubrir a totalidade do contido nin deben ser necesariamente excluentesexcluíntes entre si.
Este proceso de categorización tamén se ten chamado ''redución'' porque, ao segmentar e conceptualizar o contido, redúcese a súa extensión. En efecto, por unha parte, selecciónanse certos segmentos ou partes e descártanse outras; por outra banda, codifícanse, é dicir, etiquétanse identificando aquelas que teñen algún risco en común. Este paso a categoría tamén supón unha redución do contido.
As categorías poden organizarse de forma xerarquizada en diversos niveis (Muñoz Justicia, op. cit.). Os niveis indican graos de xeneralización. Podemos utilizar un exemplo de Quenau (1947) a modo de exemplo:
Liña 44:
* Nivel 1 de codificación: “mamífero carnívoro dixitígrado doméstico”
* Nivel 2 de codificación: “gato”
[[File:Analisedecontido5Analisedecontido6.png|thumbright|500px|Categorización de “Gato”]]
==Resultados dunha análise de contido==
Dunha '''análise de contido''', pódense obter (Krippendorff, op. cit.; Muñoz Justicia, op. cit.; Huber, op. cit.):
Liña 63:
#Categorías que se solapan
#Texto sen categorías.
[[File:Analisedecontido6Analisedecontido5.png|thumbright|500px|Relacións entre categorías]]
==Análises que se poden realizar==
A '''análise de contido''' posibilita o estudo das relacións entre as categorías (Huber, op. cit.):