Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Conflitos na Idade Media: Pedro I de Castela
m →‎Conflitos na Idade Media: Xoán I de Portugal
Liña 50:
Como consecuencia destes actos, [[Fernando IV]] retiroulle a xurisdición da cidade á igrexa, que máis tarde sería recobrada grazas a [[Afonso XI]].
 
Baixo [[Pedro I de Castela|Pedro I]], a cidade viuse envolta en loitas fratricidas co futuro [[Henrique II de Castela|Henrique II]] pola coroa, alentado o primeiro por don Afonso. O Castelo Ramiro é tomado polos homes do concello e do Adiantado de Galicia. Só en [[1382]], [[XoanXoán I de Portugal|Xoán I]] devólvelle o castelo ao bispo don Pascual García. En [[1385]] entra en Galicia o [[Duque de Lancaster]], pretendente da [[Coroa de Castela]] e aliado de [[XoanXoán I de Portugal]]. Na cidade os seus "secuaces" causan enormes estropicios que poñen en evidencia a vulnerabilidade da cidade. Estes defectos fan que o bispo Pascual levante un muro de protección. Dende a finalización da construción, a cidade queda cercada por un "vergonzante" muro. A muralla estaba formada polas partes traseiras das casas e as partes máis pequenas eran fechadas por tapias. A murala contaba con 13 portas. Esta edificación será un dos elementos de protección da cidade xunto coas fortalezas da catedral e os Pazos do Bispo. Durante o [[século XV]] prolóngase a inestabilidade coas tensións entre concello e bispo e algunhas nobrezas "levantiscas".
 
==O século XVI==