Coruxo Fútbol Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 26:
O club nace en [[1930]] tras fusionarse con outro equipo da zona, o ''Mirambel'', para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en [[Vigo]] e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de [[Coruxo, Vigo|Coruxo]] e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a ''Liga do Val Miñor''.
 
O club sofre un parón durante a [[Guerra Civil Española]] e non regresará ata [[1945]], cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En [[1947]], o equipo pasa a estar federado pola [[Real Federación Española de Fútbol|Federación Española de Fútbol]] e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.
 
Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende [[1959]] ata [[1967]], e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre [[1984]] e [[1990]], nas tempadas [[1991]]-[[1992|92]] e [[1995]]-[[1996|96]] e dende [[2003]] ata [[2009]]. O seu mellor resultado foi na tempada [[2006]]-[[2006|07]], cando quedou subcampión da categoría.