A Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 115:
'''A Cántara da Moura'''
 
O lugar coñecido como "A Cántara da Moura", é un espazo natural ó pé do río Corzos, onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación, conforman un dos rincóns máis especiais deste municipio. As marmitas de xigante dan lugar a covas que forman un laberinto natural, e na cántara o río COrzosCorzos vai soterrado, formando unha piscina natural, sempre fresca, saíndo de novo ó exterior a través dunha porta, segundo contan, esculpida na rocha polos "mouros", en forma de cascada branca e ruidosa.
“A cántara da Moura” está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada "Cova dos escapados". Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes ó bando republicano, que foron moi perseguidos. A ela só podemos acceder por un pequeno burato, só coñecido polos veciños da zona, ó que lle puñan unha escaleira para baixar, que quitaban unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír, gracias a que aquí o río vai soterrado e podían pescar as famosas troitas negras do río Corzos.
Conta a lenda que “no interior desta cova habita unha fermosísima moura. Ó romper o día, a moura abandona o seu recuncho de pedra para saír a sentarse ó pé do río. Alí, peitea os seus longos cabelos dourados cos seu peite de ouro, mentras agarda acercarse ás xóvenes de Corzos que gardan o seu gando. No momento en que pasan ó seu lado, a moura deixa caer o seu peite. Se a xoven o recolle, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro. Se a xoven segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desdén da doncela convertíndoa nunha rocha máis das moitas que hai no lugar."
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Veiga vexa: [[Lugares da Veiga]].