Mormonismo: Diferenzas entre revisións

m
Neste aspecto a Primeira Presidencia da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días pronunciouse, buscando que o público en xeral non relacione a Igrexa maioritaria con outros grupos que practican a poligamia pois aínda que comparten certa cronoloxía histórica, as súas tradicións, liderado e núcleo fundamental de crenzas non son a mesma.
 
Segundo [[Joseph Smith|Joseph Smith Jr.]], a fundación deste movemento relixioso foi precedida pola confusión que varias igrexas ocasionaban neste mozo, que lle levou a recorrer á Biblia en busca dunha mellor resposta. Varias denominacións interpretaban o mesmo pasaxe de escrituras dunha forma tan diferente ás demais, que só causaban aínda máis confusión. Varias visións e visitas de seres celestiais (entre eles, [[DivosDeus]] pai e o seu fillo Xesucristo) sucederon máis adiante, nas cales afirmou recibir instrucións para restaurar a verdadeira [[Igrexa]] de Xesucristo. Esta Igrexa, de acordo coa súa doutrina, desaparecera séculos atrás no medio dunha Grande [[Apostasía]]. A primeira visión ocorrería cando, sendo un mozo de catorce anos, decidiu preguntarlle a Deus cal era a igrexa verdadeira. Na súa autobiografía, Joseph Smith describe a visita de dous seres divinos coas seguintes palabras:
 
:"Vin unha columna de luz, máis brillante có sol, directamente sobre a miña cabeza; e esta luz gradualmente descendeu ata descansar sobre min. Ao repousar sobre min a luz, vin no aire sobre min a dous Personaxes, cuxo fulgor e gloria non admiten descrición. Un deles faloume, chamándome polo meu nome, e dixo, sinalando ao outro: Este é o meu Fillo Amado: ¡Escóitao!"
 
Nas seguintes visitas (visións) indicaríaselle onde atopar uns antigos rexistros escritos sobre ferros de ouro, que contiñan un compendio histórico da "América antiga". En tal compendio afirmábase que un profeta chamado Mormón resumira, cara ao ano 385 a.C., os rexistros dos descendentes dun grupo de inmigrantes provenientes do reino de Israel que chegaran navegando ata América 600 anos antes de Cristo e que deran orixe en parte aos poboadores [[amerindiosamerindio]]s atopados alí polos colonizadores posteriores. Os escritos de Mormón foran ordenados nun só libro cos escritos de [[profeta]]s especialmente elixidos a través dos séculos.
 
Smith dixo que Moroni, fillo de Mormón, escondeu posteriormente o libro nun outeiro, actualmente coñecida como cerro Cumorah, no Estado de [[Nova York]], e engadiu que en [[1823]], o propio Moroni, en forma de anxo, aparecéuselle para dicirlle onde estaba escondido o libro e que Divos quería que o traducise. O libro incluía tamén o referido á visita que Xesús de Nazaret realizaría ao continente americano logo da súa resurrección.
113.341

edicións